Cs esixe a Endesa unha solución para os traballadores das Pontes

Por E.P. | A CORUÑA | 01/10/2019 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A candidata de Cs pola provincia da Coruña nas próximas eleccións xerais, María Vilas, reclamou a Endesa unha solución para os traballadores da central térmica das Pontes, á vez que pediu apoio institucional para a procura dunha solución.

Así o sinala a formación laranxa tras a reunión mantida por María Vilas con traballadores da central térmica das Pontes, de cuxa situación culpa tanto ao PP como ao PSOE.

De ambas as formacións, afirma que "non foron quen de favorecer a transición enerxética no noso país e ir cara a un modelo que aproveite os recursos menos contaminantes que promovan a especialización".

Cs Galicia entende que estes problemas "xorden por non facer antes os deberes" e esixe "o apoio de todas as institucións públicas para buscar unha solución que non poña en xaque a vida industrial desta comarca".

Reunión da deputada de Cs María Vilas con traballadores da central das Pontes
Reunión da deputada de Cs María Vilas con traballadores da central das Pontes | Fonte: Ciudadanos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta