Máis de 85.000 sinaturas contra as fumigacións

A Xunta quere autorizar un pesticida para loitar contra a praga dos eucaliptos que a UE retirará do mercado en agosto e que pode contaminar as augas, a fauna e a flora dos montes galegos. A Xunta tamén soltou parásitos que están afectando ás colonias de abellas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/05/2012 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Representantes da Plataforma contra as fumigacións – Por un futuro sen pesticidas farán entrega, este luns, no Rexistro da Xunta de Galicia das sinaturas recollidas ate o de agora na campaña online contra as fumigacións que pretende autorizar o Goberno galego e que promove a asociación de produtores de papel ASPAPEL. Os organizadores da iniciativa indican que os que aínda non asinaron poden facelo aquí.

None

 

Esta plataforma denuncia a fumigación de eucaliptos coa pesticida Flufenoxuron, prohibida pola Comisión Europea, e que será retirada do mercado en agosto. Este produto, comercializado baixo o nome de Cascade, é empregado para loitar contra a praga do gurgullo de eucalipto en terras galegas.

 

Polo momento, máis de 85.000 persoas asinaron xa nesta campaña que foi posta en marcha o 16 de abril por unha das persoas que días despois promovería a constitución da Plataforma, integrada na actualidade por unhas 40 entidades de toda Galicia e mesmo do exterior, e que está sendo apoiada tamén por diversas organizacións políticas galegas.

None

 

"Suficientes"

 

As sinaturas recollidas ata o momento son "suficientes", segundo a plataforma, para facérllelas chegar xa ás autoridades galegas, responsables de autorizar ou non, a masiva fumigación aérea que prepara ASPAPEL en boa parte do país. De feito, algunhas delas xa comezaron. 

 

A plataforma insiste en que existen outros medios de combater o problema que afecta aos monocultivos do eucalipto. "Malia as mentiras de ENCE (entidade galega que preside actualmente ASPAPEL), non imos tolerar que se bote un pesticida xa catalogado como tóxico pola Unión Europea, contaminando as nosas augas, montes, fauna e flora, e condeando á morte ás vitais abellas, elemento crítico dos nosos ecosistemas e da nosa agricultura", denuncia.

 

Así, suliña que a Xunta de Galicia ten que asumir o "clamor popular que se está erguendo contra estas inxustificables fumigacións". "Ten que desautorizalas de inmediato e apostar por outros medios non tóxicos para o combate das pragas, para así cumprir a lei e o seu deber de protección do medio e da saúde de todas as galegas e os galegos".

 

Iniciativa do PSdeG

 

Precisamente, este sábado a voceira de Agricultura do PSdeG, Sonia Verdes, presentaba unha serie de iniciativas para que a Xunta paralice esta campaña de fumigacións. Ademais, reclama que a Xunta leve a cabo "cantas accións sexan necesarias para prohibir o uso da pesticida, suspendendo a moratoria para a súa retirada, e tendo en conta os seus efectos inadmisibles para o compartimento acuático e as súas características que o fan persistente, bioacumulable e tóxico".

 

Verdes sinala que contra esta praga de eucalipto, a Consellería do Medio Rural utiliza a solta de ootecas parasitarias cunha abella nas áreas de distribución desta especie, que "está a xerar alarma entre os apicultores galegos que levan tempo denunciando a desaparición de colonias de abellas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Robin das Carballeiras

O que está claro é que o eucalipto é unha especie foránea que se está a converter nun monocultivo destructivo e de dudosa rendabilidade (con tempo xa se vará). Todo cultivo deste tipo trae consigo parásitos e demais vichería que se alimentan deles. Hasta aquí normal. O que pasa é que nas zonas de procedencia estos parásitos tañen inimigos que se alimentan deles (o tema da cadea na que unhas especies controlan as outras)e aquí estos bichos non teñen inimigos naturáis. Pois eso sigamos plantando eucaliptos hasta encher todo o país deles. Por certo dos pirineos pa riba non se ve nin o primeiro, solo en España e Portugal, ¿por qué será que os países adiantados de verdade nos queren?

2 Un de a pé

E os de Galiza non se vende? Parecían máis activos antes, contra o bipartito, que agora que se están a `producir unha morea de brutais agresións ao noso medio.

1 perdemosporculpadeles

Ti eras dos que afirmaban que había que facer os cambios pouco a pouco e que axudar aos empresarios galegos era axudar a Galicia, non?. Legalizando canteiras, adxudicando muíños sen impacto ambiental, enchendo a costa de piscifactorías e portos deportivos...Xa, e entre tanto adulador saíron uns críticos, serán do PP!!

1 á Lama con eles

Probablemente levan tempo utilizando as nosas costas estes velenos, o que pasa é que agora precisaban do permiso dos particulares para unha fumigación masiva. Habería que esixir responsabilidades aos culpabeis deste verdadeiro crime contra o medio ambiente e a quen lles da cobertura dende a administración