Galicia Confidencial, primeiro xornal en galego en superar os 60.000 seguidores en redes sociais

GC reforza o seu liderado informativo na prensa en lingua propia. Canda os medios comarcais cos que está asociado suma 76.500 seguidores en redes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/10/2019 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

Máis de 60.000 seguidores en redes sociais consolidan a Galicia Confidencial como o xornal líder na prensa en galego. GC superou esta cifra os últimos días, sumando 60.314 contas que seguen as nosas publicacións en Facebook (35.083), Twitter (23.526) e Instagram (1.705); datos do 30 de setembro de 2019.

Un dos lemas de Galicia Confidencial
Un dos lemas de Galicia Confidencial

Ningún xornal en galego superou os 60.000 seguidores nas redes socias, agás GC. Pero a cifra dispárase aínda máis se se suma o seguimento aos xornais comarcais socios de Galicia Confidencial: Xornal da Mariña, Xornal de Vigo, Xornal de Lemos e Lugo Xornal.

En total, este grupo de medios contabiliza 76.500 seguidores en redes, convertendo este conglomerado mediático no líder indiscutible da información en galego na prensa e en posición de competir con cabeceiras tradicionais galegas en castelán de grupos mediáticos cun importante capital e que reciben substanciais subvencións e publicidade da Xunta de Galicia.

Desde o 1 de xaneiro deste ano até finais de setembro, Galicia Confidencial suma no seu sitio web 107.000 usuarios únicos máis que no mesmo período do pasado ano e rexistra un incremento de 438.000 sesións e 564.000 páxinas vistas sobre os datos de 2018.

ACHEGAS

O equipo de GC quere agradecer a todos os que seguen o noso traballo a súa confianza, pero tamén quere advertir de que un xornalismo independente só se pode manter co compromiso e colaboración da sociedade, mediante as achegas que cada cidadán poida facer a este medio para garantir que os seus xornalistas poidan seguir traballando. Se queres, podes facer a túa contribución aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Gamela

Estes días estase a dar un Encontro en línea sobre Educación, Cultura e Software Libres que pode resultar de interés para os lectores de GC ! https://twitter.com/edus0l/status/1...

3 Gamela

Gracias por existir e manter un proxecto con ADN galego 100% ! Que non vos líen os cantos de serea que veñen das RR.SS. ás veces non son máis que números sen alma (algoritmo do carallo!) Estar VIVOS é unha conquista do espíritu (deixade que os mortos enterren aos mortos!) Aquí vos deixo un agasallo polo traballo ben feito !!! https://i.gal/gamela22

2 Sentidiño

Parabéns, grazas, e que dure.

1 Gamela

Noraboa!!! e para seguir medrando aconséllovos abrir os comentarios no Xornal de Vigo pois segue sendo o único medio no que facer comentarios resulta IMPOSIBLE (especialmente en tódalas novas relativas á política!) Os demáis xornais Mariña, Lemos, Lugo son fieis ao ADN da casa matriz GC que ogallá siga sendo o mellor xornal de Galicia por moitos anos !!! A liberdade de prensa e de expresión van xuntas na construcción do DEREITO A UNHA INFORMACIÓN VERAZ !!! (algo do que estamos moi faltos en Galicia!) Saúde e Boa Fortuna !!!