A Xunta defende os directores de oficinas de emprego nomeados a dedo cuxo nomeamento foi anulado polo TSXG

Di que foron seleccionadas para atender as "responsabilidades" de carácter "excepcional" que requiría o cargo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2019 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A Xunta, da man do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal; defendeu "os perfís" dos directores de oficinas de emprego das sete principais oficinas de emprego da comunidade, que tiña pensado nomear a través do procedemento de libre desginación foi anulada polo TSXG.

En resposta a unha pregunta formulada pola deputada de Común da Esquerda, Carmen Santos, durante a Comisión 1ª do Parlamento de Galicia, o Goberno galego argumentou que as persoas designadas para dirixir as principais oficinas de emprego de Galicia foron seleccionadas para atender as "responsabilidades" de carácter "excepcional" que requiría o cargo.

Con todo, Casal admitiu que a Administración autonómica executará a sentenza do TSXG que deu a razón ao recurso presentado polo sindicato Comisións Obreiras á relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria que establecía a previsión de cubrir 16 postos pola vía de libre designación.

Deste xeito, o tribunal galego anulou o posible  nomeamento dos sete directores das oficinas de emprego e formación situadas nas sete grandes cidades de Galicia.

Oficina de emprego
Oficina de emprego | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta