A Xunta encara o TSXG e defende a relación de postos de traballo para os directores de oficinas de emprego

Desde o goberno galego admitiron que a Administración autonómica executará a sentenza do TSXG que deu a razón ao recurso presentado polo sindicato Comisións Obreiras á relación de postos de traballo da Consellería de Economía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2019 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Xunta, da man do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal; defendeu "os perfís" dos directores de oficinas de emprego das sete principais oficinas de emprego da comunidade recollidos na relación de postos de traballo que foi tombada por unha sentenza do TSXG.

En resposta a unha pregunta formulada pola deputada de Común da Esquerda, Carmen Santos, durante a Comisión 1ª do Parlamento de Galicia, o Goberno galego argumentou que a relación reservaba a vía de libre designación para a elección dos directores por tratarse dun posto que requiría de "responsabilidades" de carácter "excepcional".

Con todo, Casal admitiu que a Administración autonómica executará a sentenza do TSXG que deu a razón ao recurso presentado polo sindicato Comisións Obreiras á relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria que establecía a previsión de cubir 16 postos pola vía de libre designación.

Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta