José Manuel Barreiro pide trasladar a España o "modelo Feijóo" nas próximas eleccións xerais

Barreiro destacou que o que desexa é "estabilidade para España", unha "estabilidade" que, na súa opinión, "só pode vir da man do Partido Popular".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O senador lucense e portavoz adxunto na Cámara Alta, José Manuel Barreiro, apostou por trasladar ao conxunto de España o "modelo Feijoo", tras as eleccións do 10 de novembro.

En declaracións aos medios, Barreiro censurou que os españois teñan que volver ás urnas pola "irresponsabilidade" do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez. "A irresponsabilidade de Sánchez levounos a esta situación, á que nunca deberiamos chegar e que é negativa para o conxunto do país", criticou.

Barreiro destacou que o que desexa é "estabilidade para España", unha "estabilidade" que, na súa opinión, "só pode vir da man do Partido Popular". "Con ese ánimo é co que imos traballar", engadiu.

O que fora portavoz na Cámara alta con Mariano Rajoy na presidencia profundou que no PP quere que "o modelo de Galicia e o modelo Feijóo sexa o modelo para o conxunto do Estado". "Demostrouse e demóstrase día a día en Galicia que está a ser positiva a evolución económica", presumiu.

Fronte á "estabilidade" en Galicia contrapón "os síntomas preocupantes, de desaceleración económica que pode provocar unha recesión (en España) cos efectos tan negativos que xa comprobamos no emprego". "Isto é froito da irresponsabilidade de Sánchez", afeou.

José Manuel Barreiro nun Pleno do Senado
José Manuel Barreiro nun Pleno do Senado

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Plan Feijoo = ter maioría absoluta + aforrar todo o que se poda + privatizar todo o que gastamos = unha vida de fábula para os amigos do PP e Cía. (Este é o plan que queren exportar ao resto?)