Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/10/2019 | Actualizada ás 21:00
O Foro Económico de Galicia alertaba esta semana da pequena recesión que está a vivir Galicia, especialmente, polo crise das exportacións. Así, na presentación do seu informe anual apuntaba que, "aínda que a desaceleración non é dramática, si que é continua" e que as medidas de internacionalización da Xunta "non funcionan".
Un informe que foi contestado este xoves pola Xunta tras a presentación do teito de gasto de Galicia para o vindeiro ano. "Estráñame que cheguen a conclusións moi rápidas sendo xente preparada", espetou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, sobre os autores do informe, entre eles o ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe ou os economistas Santiago Lago ou José Francisco Armesto.
Así, criticou que só presten atención ao "50 e pico de empresas" que sofren a incerteza do mercado e "non ao corenta e pico restante" que son as que funcionan "perfectamente". Así, destacou que entre ese "50 e pico" están as grandes multinacionais galegas como Inditex, Citröen ou Repsol, que son as que están a sufrir as conxestións e problemas puntuais da incerteza económica mundial. "E non sei como esta análise non a fai o Foro", suliñou.
"Precisamente é o outro 40 e pico de empresas as que son máis seguras e máis diversificadas", dixo, e dan valor engadido o PIB galego. "Por iso, hai que ser máis obxectivos neses informes", destacou. Tamén o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, insistiu tamén na mesma idea, e dixo que as empresas galegas de máis valor e máis estables están nese "40 e pico por cento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.