Carme da Silva critica a presentación da ampliación da depuradora de Pontevedra: "foi un power point, nada máis"

Construirase un emisario submarino de tres quilómetros e medio para canalizar as augas doces por 12 millóns de euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A Xunta iniciará a próxima semana a tramitación ambiental para a ampliación da depuradora de O Praceres, cun investimento duns 50 millóns de euros e a previsión de integrala na contorna e ocupar terreos da fábrica de Ence, afastándose das vivendas.

Así o trasladaron as conselleiras de Infraestruturas e Movilidade, Ethel Vázquez, e Mar, Rosa Quintana, participaron este venres na reunión da Mesa do saneamento da ría de Pontevedra, xunto con representantes dos municipios de Pontevedra, Poio e Marín, as confrarías de Raxó, Lourizán e Pontevedra, entre outros.

As conselleiras insistiron en que esta ampliación é "necesaria" para a incorporación dos procesos de eliminación de nitróxeno e fósforo e para ter garantías "absolutas" de dar cumprimento ás esixencias europeas. Neste sentido, Ethel Vázquez destacou que o Plan de saneamento da ría de Pontevedra está "acordado" coa Unión Europea.

Vázquez avanzou que nas próximas semanas asinarase o contrato coa empresa Acciona para a mellora do proceso depurativo, cun orzamento de 16 millóns de euros. Así mesmo, destacou que a adxudicación do contrato para a construción dun novo emisario submarino está prevista para o primeiro trimestre de 2020, cun investimento de 12,1 millóns de euros, que permitirá unha mellor devolución das augas limpas á ría. O novo emisario submarino disporá de tres quilómetros e medio para canalizar as augas doces e investiranse nel 12 millóns de euros.

"UN POWER POINT"

Pola súa banda a concelleira responsable do Ciclo da auga no Concello de Pontevedra, Carme da Silva, lamentou que nesta reunión os representantes da Xunta non achegasen información técnica concreta "ensinóusenos un power point cuns gráficos, nada máis".

A edil pontevedresa criticou que desde a Xunta se responsabilice ao concello da capital a pesar de que este fixo "un investimento millonario en saneamento e en ter as augas pluviais e fecais".

Ata as portas da Delegación territorial da Xunta en Pontevedra acudiron os portavoces da Plataforma Non á ampliación e da Asociación de veciños de "Estriceres" para expresar a súa oposición a este proxecto e solicitar unha entrevista á conselleira de Infraestruturas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta