A Xunta dá permiso para queimas con comunicación previa a partir deste mércores

Xa se poden tramitar as peticións de autorización de queimas de restos agrícolas ou forestais a través da páxina web de Medio Rural ou chamando ao 012.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2019 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural volveu a abrir as solicitudes de permisos para facer queimas de restos agrícolas e forestais, "posto que as condicións meteorolóxicas así o permiten", asegura a Xunta nun comunicado. Isto significa que este mércores, 9 de outubro, será a primeira xornada para realizar queimas previamente comunicadas.

Por tanto, xa se poden tramitar as peticións de autorización de queimas a través da páxina web de Medio Rural. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Deste xeito, quen desexe queimar restos agrícolas acumulados nas zonas autorizadas pola lei galega de prevención e defensa contra os incendios forestais, deberán comunicalo dous días antes.

No caso de restos forestais, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, a Xunta lembra que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Traballos de limpeza forestal en Galicia. CEDIDA - Arquivo
Traballos de limpeza forestal en Galicia. CEDIDA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta