Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/05/2012 | Actualizada ás 22:31
Xisco xa é o heroe do ascenso do Deportivo. Un gol deste dianteiro sirviu para remontar este serán ao Huesca (2-1) en Riazor, co que os coruñeses volven a Primeira División como campión da Segunda División. Xisco, que entrou a xogar no minuto 67, tamén marcou o gol fronte ao Tarragona a xornada pasada, tanto que chegou o mércores no último suspirol do partido.
Mentres o Celta gañou 1-2 ao Gimnástic, que xa estaba descendido. Marcaron o galego Iago Aspas, no minuto catro, e Natxo Insa, no 45. O Celta ten na súa man o ascenso, tras o empate 2-2 de hoxe do Valladolid en Alcorcón. Se o Valladolid perde na última xornada, os celtiñas están ascendidos. Se o Valladolid gaña, aos de Vigo chégalles con empatar en Balaídos. Polo tanto, é probábel que o próximo ano o derbi galego se celebre na máxima categoría estatal.
O equipo deportivista celebrou polo alto o seu ascenso cunha camisola na que se lía: "Este es el Depor". Durante os primeiros momentos da celebración varios dos seus xogadores levaron bandeiras dos seus países ou autonomías. Así, en Riazor había bandeiras de Portugal, Asturias, Canarias e do Deportivo, pero ningunha bandeira galega.
Velaquí unha compilación en vídeos dos mellores momentos desta temporada do Deportivo:
Crónica da vitoria sobre o Huesca en Riazor:
Nastic - Deportivo, gol do Depor (Xisco) no minuto 94
Outra toma de como viviron os seareiros o gol de Xisco en Tarragona
Xisco: "Sí, es el gol más excitante de mi carrera"
'De Riazor ao ceo', unha compilación dos mellores momentos do Depor esta tempada
Os seareiros do Dépor non abandonaron ao clube en 2º, velaquí animando ao equipo en Xerez
Celebrando a vitoria sobre o Celta en Balaídos n'o noso derbi' (2-3)
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.