O ascenso do Dépor en vídeos

O Celta está moi preto tamén do ascenso a primeira tras gañar e empatar o Valladolid. Vídeos do exilio do Deportivo por 2ª no interior. Na celebración no campo non houbo bandeiras galegas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/05/2012 | Actualizada ás 22:31

Comparte esta noticia

Xisco xa é o heroe do ascenso do Deportivo. Un gol deste dianteiro sirviu para remontar este serán ao Huesca (2-1) en Riazor, co que os coruñeses volven a Primeira División como campión da Segunda División. Xisco, que entrou a xogar no minuto 67, tamén marcou o gol fronte ao Tarragona a xornada pasada, tanto que chegou o mércores no último suspirol do partido.

Mentres o Celta gañou 1-2 ao Gimnástic, que xa estaba descendido. Marcaron o galego Iago Aspas, no minuto catro, e Natxo Insa, no 45. O Celta ten na súa man o ascenso, tras o empate 2-2 de hoxe do Valladolid en Alcorcón. Se o Valladolid perde na última xornada, os celtiñas están ascendidos. Se o Valladolid gaña, aos de Vigo chégalles con empatar en Balaídos. Polo tanto, é probábel que o próximo ano o derbi galego se celebre na máxima categoría estatal.

O equipo deportivista celebrou polo alto o seu ascenso cunha camisola na que se lía: "Este es el Depor". Durante os primeiros momentos da celebración varios dos seus xogadores levaron bandeiras dos seus países ou autonomías. Así, en Riazor había bandeiras de Portugal, Asturias, Canarias e do Deportivo, pero ningunha bandeira galega.

Velaquí unha compilación en vídeos dos mellores momentos desta temporada do Deportivo:

Crónica da vitoria sobre o Huesca en Riazor:

Nastic - Deportivo, gol do Depor (Xisco) no minuto 94

Outra toma de como viviron os seareiros o gol de Xisco en Tarragona

Xisco: "Sí, es el gol más excitante de mi carrera"

'De Riazor ao ceo', unha compilación dos mellores momentos do Depor esta tempada

Os seareiros do Dépor non abandonaron ao clube en 2º, velaquí animando ao equipo en Xerez

Celebrando a vitoria sobre o Celta en Balaídos n'o noso derbi' (2-3)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 68 comentarios

13 andresiño

A orixe da bandeira-matrícula da Coruña´si ven da posible confusión da bandeira branca coa cruz de San Andrés (este santo era o patrón dos mariñeiros coruñeses) utilizada polos barcos da cidade, coa da Mariña Rusa. Houbo que quitarlle un aspa e quedou a actual (nada de Miños nin farrapos de gaita ) Por iso, de querermos darlle un ar máis vistoso á bandeira galega, un pouco sosa, so precisamos restaurar o seu antigo formato. Teríamos unha bandeira ben xeitosa e parecida á escocesa. E acaída, non inventada, pois era a da capital do antigo Reino (coma en Valencia, na Francia, mesmo na bandeira republicana española que incorporaba o mourado de Madrid).

1 hvvf

As dúas bandeiras poderian convivir.

2 andresiño

Desde logo, moitos países modifican a súa bandeira e non pasa nada. Poderíanse utilizar as dúas e ver cal calla máis no pobo. A antiga da cruz completa é a meu ver máis bonita e ben céltica (tamén se pode relacionar co vello culto a San Andrés de Teixido).

3 hvvf

É ten delito que o estado ocupante (España) modifique por decreto a bandeira, quitandolle un brazo. É a súa legalidade, non a nosa.

4 Bandeirante

Pois si hai que cambiala cambiase. A min gostame a que temos porque é orixinal. Unha vez fun ó final do Tur de Francia nos Campos Elíseos e caseime de explicar de onde era o todo dios que me preguntaba, hasta o punto de que acabie regalándolla a unha tía que me dixo que era do povo de Bill Clinton, xa canso de dar explicacións e non ver o espectáculo. Particularmente a máis orixinal e bonita de todas pareceme a escocesa (posta nun barco de guerra debe acojonar). Se hai que cambiar algo a nosa (sempre cinguindose a historia) pois cambiase.

5 vistoso

A verdade é que a bandeira galega non da gustado. É pouco vistosa por ter demasiado branco. Non penso que os asturianos teñan máis sentimento nacional ca nos e van coa sua bandeira a todas partes, porque lles encanta. Aquí éche moito máis popular o hino galego. Se cadra non é mala idea reataurar a aspa azul sobre fondo branco. Ten máis forza. Máis cor.

6 verdadeiro

O decreto que retira a aspa da bandeira coruñesa é de 1891. De seguro que na época sería super comentado na cidade o feito dun decreto estatal ocuparse da bandeira do porto. Por eses anos estaba en efervescencia a campaña contra o traslado da capitanía xeral de Galicia da Coruña a León, campaña de forte resonancia na cidade e na que participaron os galeguistas entusiásticamente e coa lembranza do vello Reino, do que o Capitan Xeneral viña ser o virrei. Atrévome a supoñer que a orixe da bandeira galega está naquel cambio e naquela campaña.

7 verdadeiro

Esa campaña, fundamentalmente coruñesa mais que apoiou de maneira menos entusiasta o resto de Galicia por ser o cambio a unha cidade non galega, non é agora moi comentada, porén ser a orixe da efervescencia galeguista pasaxeira que se deu na Coruña (non hai máis que ver as fotos do multitudinario enterro de Curros Enríquez, por exemplo - ninguén pode imaxinar hoxe un enterro así de ningún personaxe galeguista), e que está na orixe da criación da Academia Galega ou o encargo da composición dun "himno o marcha regional", feitos maís ou menos coincidentes no tempo. Os galeguistas coruñeses eran na época os máis activos e motivados, e aunaban localismo, sentimento tan galego, con identidade "rexional", de ahí o seu éxito e repercusión no pobo da cidade.

8 Bandeirante

Para Vistoso: Douche a razón. A bandeira branca coa aspa azul sería moito maís bonita e destacada, coma a escocesa pero ó revés. Xa dixen que nesa final do Tour de francia quedei flipado, ben flipado non, canso de dar esplicacións mal como poiden a todo dios que me preguntaba (acabei regalandolla a unha americana USA para que me deixaran en paz e a ela non sei como lle iría despois). Ese cambio se se atén a razóns historicas pareceme estupendo. Por certo, alguén alude por ahí a bandeira asturiana e a verdade é que é realmente fina e preciosa.

9 bravú

Nom é má ideia usar como bandeira da resistência galega a velha bandeira dos marinheiros da Crunha, que lutaron muitos anos contra o poder militar presente na cidade para conservarem o seu, perdendo tudo, até a bandeira deturpada por um decreto espanhol de 1891. É mais fermosa do que a estreleira, bastante feia e passada de moda. Restaura-la vem sendo um acto de homagem póstuma a ums galegos que foram bravos, algo pouco frequente na nossa história.

10 Akribéstaton

A bandeira actual é feia, sem força, e falsa. A ignorância tem essas carambolas. Haveria que mudar ou reconstituindo a cruz de santo André ou recuperando a do reino da Galiza (que ainda se conserva no escudo): http://www.bandeiragalega.com/img/b...

11 braveheart

E pois se é feia, sem força e falsa, e nom gustamos dela, por qué nom cambiar ? Eu voto por utilizarmos, como os escoceses (utentes da cruz e tambem do leom de Escócia) a cruz de santo André, que lembra o mar e o santuario celta de Teixido, e é a verdadeira bandeira actual sem deturpar, e o cálice e cruzes do velho reino.

12 perplexo

Desde logo, vaia trapallada de bandeira que temos. Alguén debería investigar por qué xusto despóis do decreto ese de 1891 é xusto cando se empeza a usar a bandeira coruñesa como galega. Por qué xusto despóis de desfigurar a antiga a alguén se lle ocurriu utilizar unha simples matrícula como bandeira de todo o país. E entendería mellor que se empezase a usar a que non estaba deturpada polo goberno central. É todo bastante misterioso.

13 digo eu

Home, os galeguistas da época eran rexionalistas, E vían a Galicia pobre e esquencida. Tamén eran burgueses e adouraban a orde e a legalidade. O feito dun decreto do goberno central regular unha bandeira a usar en Galicia, e en concreto na cidade que eles consideraban capital (eran a maioría deles coruñeses), debéu darlles a ideia de usala para todo o país. Logo alguén na Habana debéu facerse eco da ideia (os contactos entre Cuba e A Coruña eran moi frecuentes na época, con xente indo e vindo constantemente).

14 Bandeirante

Para Hvvf: É díficil cando unha das duas foi imposta polas bravas, ou sexa, a hostias. A Galega pode gostar mái ou menos (a da aspa azul sería un auténtico puntazo) pero en todo caso e dalgunha forma foi máis ou menos consensuada.

15 vistoso

Na páxina que recomenda Akribestaton (www.bandeiragalega.com)hai unha imaxe orixinal do sec. XIX do Centro Galego da Habana coa fermosa bandeira da cruz de Santo André, primeira que se utilizóu como nacional galega. Explica ben todo o tema clicando na historia da cruz de santo André. Non sei que esperamos os nacionalistas para adoptala no canto da horrible estreleira (que parece dunha marca de cervexa).

12 reporter

Nunha foto de 1904 aparecen os Cantóns da Coruña engalanados con bandeiras da banda azul e embaixo cruces de Santiago en estandartes ben xeitosos. Craramente os coruñeses puñan a bandeira da sua cidade, cabeza do reino, e a cruz do patrón de Galicia. Logo a cruz de Santiago sería desbotada polo nacionalismo habida conta do seu uso pola dereita máis franquista, mais é certo que o partido galeguista utiliza noa anos corenta ainda a devandita cruz.

11 verdadeiro

A bandeira galega era a da Crunha. Conscientemente foi adoptada polos galeguistas de Murguía e Curros, pois na altura ainda estaba viva a memoria do Reino de Galicia e lembrábase ben que a capital de este era A Crunha, sede da Junta do Reino, da Audiencia e Capitanía. Logo prevaleceu o carácter relixioso de Compostela nos sentimentos do pobo galego, mais o cortés non quita o valente. Non houbo confusión algunha dos emigrantes nos barcos ( coma se os que compuxeron o noso hino fosen parvos, vaia !) A bandeira da capital foi utilizada para todo o país CONSCIENTEMENTE.

1 verinho

Con certeza, que os mesmos que criaron a Academia Galega e adoptaron por concurso o belísimo hino de Galiza, errasen de maneira tan absurda na adopción da bandeira, o símbolo primordial dun país, non é críbel. A túa teoría semella bastante maís viable, por seren os galeguistas da Coruña bastante localistas. Abonda lembrar o artigo dos estatutos da academia que impon a residencia na Coruña do presidente.

2 unquesabe

O escudo na bandeira branca e pura é o auténtico do antigo Reino e ten que ver con Lugo e o seu milenario privilexio.A franxa azul é a do porto coruñés desde onde emigrábamos e adoptouse en recoñecemento tamén a diáspora.Forsa depor!!

3 dxjt

Interesante teoría a de Verdadeiro, que non vin publicada en ningures.

4 verdadeiro

dxjt, é que o rollo dos emigrantes inventóuse para, agachando a real orixe da bandeira, que a utilizasen o resto das cidades do país, de sempre recelosas da Coruña polas pretensións de superioridade desta baseadas en ser a sede dos órganos de poder delegado e tamén da Junta do Reino no Antigo Réxime. O recelo sí está documentado xa en textos do Padre Sarmiento. O dos emigrantes non ten sentido algún, pois tantos ou máis deixaban o pais desde o porto de Vigo, e moitos do Ferrol. Por qué habían fixarse só na bandeira do porto da Coruña ?

5 verdadeiro

E tamén, os primeiros usos da nosa bandeira están documentados na Coruña, como a foto da que fala outro comentarista, o ben antigo escudo do Deportivo, de outras asociacións, etc. Imaxes tan antigas de uso da bandeira en outras cidades non hai, nin aparición en escudos ou emblemas non coruñeses. O seu uso na emigración é posterior ao seu uso na Coruña como bandeira rexional, algo que non concorda coa teoría da confusión nos emigrantes.

6 bew5

Entón tes que publicar un traballo coas túas ideas, é un tema importante.

7 verdadeiro

Desgraciadamente non son un investigador, só un aficionado á Historia que ata cabos. E o establishment universitario, nacionalista, etc. prefere deixar a s cousas como están, ainda que a tese dos emigrantes é evidentemente absurda e non se sostén. E sempre fálase dela como suposta ("parece ser que" "a orixe da bandeira ao parecer", etc) en textos contrastados. A páxina web da Xunta deuna por boa e xa está. A realidade pode ser un chisco pouco atraente para o resto dos galegos non coruñeses, mais a verdade é a verdade.

8 verdadeiro

Tamén hai que dicir que é un tema tabú o que expoño, pois se dis o que eu digo pode parecer que entras na vella liorta da capitalidade de Galicia, en reavivar localismos, etc. Mais insisto, a verdade é a verdade. Sabido con certeza só hai que a bandeira da Coruña ou do seu porto pasa a ser de toda Galicia. A teoría da confusión dos emigrantes é bonita e emotiva, mais non é científica por non estar documentada. O lóxico é que fagan o traballo os que defenden o non probado. Probado está o que está, insisto, a adopción da bandeira coruñesa como de toda Galicia.

9 unquesabe

Colléuse a bandeira do Porto coruñés porque estaba feita sobre a verdadeira bandeira galega, que era toda branca.O escudo era o mesmo e só cambeaba a deseño.Lugo foi durante séculos a gran urbe galega xunto con Braga.

10 VMS

Diosss, que mal anda la peña, jajajaja

11 verdade da boa

Verdadeiro, apuntas mais non acertas. A bandeira mercante da provincia da Coruña foi adoptada en 1843. A orixe das bandeiras modernas está na Mariña, polo que esa bandeira coa cruz de santo André foi utilizada como galega no século XIX no centro galego da Habana (Cuba era daquela española, polo que precisaban unha bandeira "rexional" para o centro, a española estaba por todas partes). Escolleron a da Coruña evidentemente por ser a principal provincia marítima galega (Compostela non ten mar, he, he) Todo ten a sús lóxica: se precisaban unha enseña que representase a Galicia, e as bandeiras teñen a súa orixe nos barcos, colleron a maís acaída (home, millor a da Coruña que a de Vigo, daquela unha aldeíña...).

12 verdade da boa

Logo en 1891 o goberno mudóu por decreto a bandeira marítima da Cruña e os galegos aceptaron a mudanza, por non terse ainda popularizado en exceso a cruz de santo André. A utilización da enseña marítima coruñesa como galega sempre topou forte oposición en moitos sectores. Persoalmente acho a bandeira con só unha aspa ser unha trapallada, deberíamos devolverlle a outra.

10 Eloi dos Freiría

Manda caralho, na minha zona había mais de 20 bandeiras do pais, estreleiras, autonomistas, civis, a da vaca (que por certo é duns desenhadores da Crunha) e mais aló também vin a dos suevos, a do antigo reino etc, e isso sem contar as dos meus colegas, e a que levava eu pendurada da gaita... e digo mais cuando sinalo que o escudo do depor leva a bandeira galega (cousa q nom acontece com outras equipas do país) Basta já de tocar a colh__da co tema... ainda que alguem lhe pese o depor é a equipa galega de futbol mais laureada. ...e x se alguem se esqueceu ontem o Liceo ganhou a 6ª copa de Europa sendo a equipa deportiva mais laureada da Galiza. Menos botar mer_a azima do propio telhado, pq que eu saiba o 1º concurso de poesía em galego logo dos séculos escuros foi na Crunha, as 1as irmandades da Fala forom na Crunha, e a mesma RAG naceu na Crunha, como da autoridade portuaria da Crunha e de onde vem a actual bandeira galega...

1 Eloi dos Freiría

mesmo se me ponho "mítico" Breogam (o do himno nacional galego, o mesmo) era da Crunha e alí puxo a torre desde onde olhou Irlanda (nom foi na almáciga de Compompos onde os Irmandinhos foram derrotados, nem na muralha de Lugo onde os atergos foram escravizados, e ainda hoje se disfrazam de romanos para celebralo). Deixade-vos de hos__as, e de confundir o nosso orgulho com mediocres fachendas.

9 coruñés

O Superdepor foi o despertador dos complexos dos galegos e galegas. Riazor pasou de ser "el Bernabeu del norte" ao fortín dun equipo campeón frente o Madrid mesmo. Forza Depor e Forza Galicia!!! Que non nos van regalar nunca nadiña nin os meseteños nin os culés por moi españolistas que nos pintemos.E non se di Lacoru, senón A Coruña e non se di La Rianjera, sino A Rianxeira.

1 Forzadepor galego

Moi ben, tes razón. Espero que pronto se corrixa eso de DE LA CORUÑA por RCD da Coruña. Este é o que representa ós deportivistas de sempre. O outro é o dos que, con moito conto, son primeiro do Madrid e despois do Deportivo (según eles) porque na realizadade, no fondo, te son del Real Madrid y si el Real Madris te necesita los puntos pues es mejor que te pierda el Coruña porque el que realmente nos trepresenta te es el Real MAdrid. Esto é o que hai (polo de agora). Este traballo enpezou con Superdepor e na xente nova vai medrando o sentimento. Pouco a pouco pero medrando.