O ascenso do Dépor en vídeos

O Celta está moi preto tamén do ascenso a primeira tras gañar e empatar o Valladolid. Vídeos do exilio do Deportivo por 2ª no interior. Na celebración no campo non houbo bandeiras galegas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/05/2012 | Actualizada ás 22:31

Comparte esta noticia

Xisco xa é o heroe do ascenso do Deportivo. Un gol deste dianteiro sirviu para remontar este serán ao Huesca (2-1) en Riazor, co que os coruñeses volven a Primeira División como campión da Segunda División. Xisco, que entrou a xogar no minuto 67, tamén marcou o gol fronte ao Tarragona a xornada pasada, tanto que chegou o mércores no último suspirol do partido.

Mentres o Celta gañou 1-2 ao Gimnástic, que xa estaba descendido. Marcaron o galego Iago Aspas, no minuto catro, e Natxo Insa, no 45. O Celta ten na súa man o ascenso, tras o empate 2-2 de hoxe do Valladolid en Alcorcón. Se o Valladolid perde na última xornada, os celtiñas están ascendidos. Se o Valladolid gaña, aos de Vigo chégalles con empatar en Balaídos. Polo tanto, é probábel que o próximo ano o derbi galego se celebre na máxima categoría estatal.

O equipo deportivista celebrou polo alto o seu ascenso cunha camisola na que se lía: "Este es el Depor". Durante os primeiros momentos da celebración varios dos seus xogadores levaron bandeiras dos seus países ou autonomías. Así, en Riazor había bandeiras de Portugal, Asturias, Canarias e do Deportivo, pero ningunha bandeira galega.

Velaquí unha compilación en vídeos dos mellores momentos desta temporada do Deportivo:

Crónica da vitoria sobre o Huesca en Riazor:

Nastic - Deportivo, gol do Depor (Xisco) no minuto 94

Outra toma de como viviron os seareiros o gol de Xisco en Tarragona

Xisco: "Sí, es el gol más excitante de mi carrera"

'De Riazor ao ceo', unha compilación dos mellores momentos do Depor esta tempada

Os seareiros do Dépor non abandonaron ao clube en 2º, velaquí animando ao equipo en Xerez

Celebrando a vitoria sobre o Celta en Balaídos n'o noso derbi' (2-3)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 68 comentarios

8 Arenga

Que triste!! Quasse ninhumha bandeira galega no estádio. Nojo de pais.

1 Forza Depor galego

POucas, é verdade, pero algunha nacianalista había. E ningunha española (que é a que representa o Real Madrid). Algo imos avanzando.

2 futbolero

A bandeira española non representa ao Madrid. Non debíamos concederlle semellante privilexio. Representaría a futura república federal e a selección española. Os tempos franquistas xa debían ir pasando.Como bandeira non oficial propoño a da vaca...e caralluda e "diferencial"!!!

3 Arenga

Dá-me igoal o tipo de bandira galega utiliçada, com estrela vermelha, com vaca, com caliz, com escudo de castelao, sem nada, mas bandeiras galegas. Sona a tópico mas somos um povo acomplejado e muitos para sentir-se superiores renegam de todo o galego e sobre todo dos seus símbolos. Outro tópico e que deveriamos aprender muito dos vascos e catalás e pensar pq têm o que têm mentras nós nom temos nada. Som tópicos mas nom por isso deixam de ser certos.

4 realista

Arenga, a maioría dos seguidores do Dépor identifican á equipa coa cidade, non con Galicia. O sentimento localista existente en xeral no noso país é moi forte, vése en cantigas, en comentarios de viaxeiros non galegos (Borrow dí que en ningures viu tanto encono entre cidades ou vilas riváis). O sentimento rexional é forte entre os galegos, mais non se manifesta políticamente, e daí a pouca utilización da bandeira, vista máis ben coma un estandarte da autonomía mais non moi sentida. Do sentimento nacional millor non falemos porque é residual. Éche o que hai a así vai seguir, pois ven de séculos a cousa. Millor non te amargues...

7 Lembranzas

Ayer fue un dia muy emocionante. El estadio estaba precioso, igual que cuando España jugó en Riazor contra Bélgica y ganó 5-1. Banderas españolas y gallegas ondeando juntas al viento y el público de La Coruña cantando la Rianxeira para festejar el triunfo del equipo nacional de España. A ver cuando os enteráis de que la mayoría de gallegos y coruñeses están orgullosos de su identidad española.

1 Forza Depor galego

Este te es del Madrid e xa se ve no partido da vindeira tempada ó estadio enteiro victoreando os goles del MAdrid de España, por si le hacen falta los puntos ante el enemigo de españa (el Barça). Se o depor descende por culpa de esos puntos sera un sacrificio glorioso polo bien de la nación española representado en lo mejor de su esencia por el club de españa y de los españoles de bien. por certo ¿onde viches ti onte bandeiras españolas e riazor, capullo?. ¡¡Que te fodan!!. Forza Depor da Coruña e de Galiza.

2 Capullín

Demosle la razón hermanos. Para ser un hombre de bien te hai que ir al estadio con la bandera de la gloriosa y muy católica nación española, dulcemente encaminada por nuestro Claudillo de España, el que tuvo su cuna en nuestra región gallega, cuna de gente servil, que aunque te habla en un dialecto un poco raro y bruto, poco a poco te lo va abandonado y por ende civilizandose pococ a poco. Dentro de nada ya te los habremos convencido de lo brutos y aldeanos que son solo por el hecho de hablar tal dialecto. Dentro de nada ya podremos decir que son españoles de verdad. Ti flipas capullo. Forza Depor.

6 VMS

Creo que sois los únicos que os habéis fijado en el tema de las banderitas. Es lo que tiene ver el mundo con gafas de sol nacionalistas. Probad algún día a sacarlas y veréis la cantidad de luces y colores que os estáis perdiendo. Igual hasta disfrutáis del fútbol.

1 Capullín

Si. Igual ca os do BArça que ven o fútbol coas gafas que dis tí e flipan e colores. Eles e tódolos demais (incluido tí).

2 VMS

Enhorabuena por el nick xD

5 Galego coma ti

REAL Club Deportivo de LA CORUÑA

1 Superdepor galego

O de Real é algo que ven dende a monarquía de Alfonso XIII (o abó non sei se do elefante que viviía por enriba das súas posibilidades ou do que o matou, peor en todo caso que se mantivo na Republica. O de La Coruña si que resulta chocante e esperemos que se corrixa dentro de pouco. A Coruña sona a Depor; La Coruña sona a REal MAdrid.

4 Joselito

Español galaicus: desfruta da vida, ou sexa, vai á festa LGBT que financia o teu Concello (moi ben feito) e intenta sorrir.