O ascenso do Dépor en vídeos

O Celta está moi preto tamén do ascenso a primeira tras gañar e empatar o Valladolid. Vídeos do exilio do Deportivo por 2ª no interior. Na celebración no campo non houbo bandeiras galegas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/05/2012 | Actualizada ás 22:31

Comparte esta noticia

Xisco xa é o heroe do ascenso do Deportivo. Un gol deste dianteiro sirviu para remontar este serán ao Huesca (2-1) en Riazor, co que os coruñeses volven a Primeira División como campión da Segunda División. Xisco, que entrou a xogar no minuto 67, tamén marcou o gol fronte ao Tarragona a xornada pasada, tanto que chegou o mércores no último suspirol do partido.

Mentres o Celta gañou 1-2 ao Gimnástic, que xa estaba descendido. Marcaron o galego Iago Aspas, no minuto catro, e Natxo Insa, no 45. O Celta ten na súa man o ascenso, tras o empate 2-2 de hoxe do Valladolid en Alcorcón. Se o Valladolid perde na última xornada, os celtiñas están ascendidos. Se o Valladolid gaña, aos de Vigo chégalles con empatar en Balaídos. Polo tanto, é probábel que o próximo ano o derbi galego se celebre na máxima categoría estatal.

O equipo deportivista celebrou polo alto o seu ascenso cunha camisola na que se lía: "Este es el Depor". Durante os primeiros momentos da celebración varios dos seus xogadores levaron bandeiras dos seus países ou autonomías. Así, en Riazor había bandeiras de Portugal, Asturias, Canarias e do Deportivo, pero ningunha bandeira galega.

Velaquí unha compilación en vídeos dos mellores momentos desta temporada do Deportivo:

Crónica da vitoria sobre o Huesca en Riazor:

Nastic - Deportivo, gol do Depor (Xisco) no minuto 94

Outra toma de como viviron os seareiros o gol de Xisco en Tarragona

Xisco: "Sí, es el gol más excitante de mi carrera"

'De Riazor ao ceo', unha compilación dos mellores momentos do Depor esta tempada

Os seareiros do Dépor non abandonaron ao clube en 2º, velaquí animando ao equipo en Xerez

Celebrando a vitoria sobre o Celta en Balaídos n'o noso derbi' (2-3)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 68 comentarios

3 Español galaicus

Olé por el Real Club Deportivo de La Coruña

1 Galego

O equipo da capital de España en los veranos franquistas!!!! Eso é o que sodes... uns noxentos fascistas!!!!

2 Werl

Hahaha o "Galego" máis PPeiro que hai, vaille pedir unha esmola a Frijoles, seica ós civervoluntarios algo vos dan.

3 Galego

Galego pepeiro..... ¡Manda truco!, para que quede claro, para min os partidos de ámbito español son forzas estranxeiras, e a UPG é o causante de que o nacionalismo e galeguismo en Galiza esté como está. Non gosta upeGALLOS, pois seguide vivindo do bote mentres poidades enganar a catro parvos e seguide a chamarnos aos que non tragamos PPeiros, se é que así durmides mellor.

4 Lubre

Polo menos, escriba ben iso de gal(l)aicus.

2 Galego

O "Depor" qué é????

1 Werl

O equipo de fútbol máis importante do País.

1 Werl

Forza Dépor e Forza Galicia!!