Campaña de Ecovidrio para doar un euro por cada quilo de vidro reciclado para a loita contra o cancro de mama

A Consellería de Medio Ambiente pide que se depositen, máis que nunca, envases de vodro nos iglús rosas instalados en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2019 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

A campaña solidaria 'Recicla vidro por elas', que por cuarto ano consecutivo impulsa Ecovidrio, doará á loita contra o cancro de mama un euro por cada quilo de envases reciclo.

A conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou este venres en Lugo a cuarta edición desta campaña pola que se instalarán en 15 municipios iglús rosas, en consonancia coa imaxe do Día Mundial do Cancro de Mama.

Con motivo da colocación dos dous primeiros colectores na Praza de Ferrol, en Lugo, e na que tamén participou a alcaldesa, Lara Méndez, a titular de Medio Ambiente destacou a importancia das accións solidarias como esta.

"Fago un chamamento aos galegos para que estes días, máis que nunca, depositen os seus envases de vidro nalgún dos iglús rosas instalados en Galicia". Por cada quilo de envases que se recaden a través desta iniciativa, doarase á Fundación Ibarra de Solidariedade para contribuír á prevención e investigación sobre o cancro.

A campaña arrincou este venres en Lugo e, a partir do luns, estenderase a outros concellos galegos, concretamente aos de Boiro, Ferrol, Curtis, Padrón, Santiago, Porto do Son, Noia, Ribeira, A Coruña, Carballo, Ourense, Vigo, Vilagarcía e Sanxenxo. No conxunto de España, Ecovidrio levará esta acción solidaria, que se prolongará ata o próximo 26 outubro, a máis de 80 cidades e pobos nos que se instalarán 340 colectores rosas.

Balance da campaña de recollida de vidro da Xunta e Ecovidrio na Coruña.. XUNTA
Balance da campaña de recollida de vidro da Xunta e Ecovidrio na Coruña.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta