Unha colisión con tres vehículos implicados sáldase cunha persoa ferida en Santiago

O sinistro tivo lugar sobre as 8,40 horas deste luns no quilómetro 1 da A-56 sentido Brión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2019 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Unha colisión por alcance con tres vehículos implicados rexistrada na mañá deste luns na autovía Santiago-Brión saldouse coa condutora dun deles ferida.

Segundo os datos facilitados pola Garda Civil de Tráfico a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 8,40 horas deste luns no quilómetro 1 da A-56 sentido Brión.

As mesmas fontes apuntaron que se tratou dunha colisión por alcance debido ás choivas, que se saldou cunha persoa ferida de carácter leve e retencións na autovía.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que trasladou á muller ferida, I.E.D., de 28 anos, ao hospital HM Rosaleda, indicaron fontes sanitarias.

Autoestrada AP-9 en Chapela, Redondela, Fonte Galipedia
Autoestrada AP-9 en Chapela, Redondela, Fonte Galipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta