O Xacobeo dispara o orzamento de Cultura, que crecerá "o dobre da media" dos departamentos da Xunta

Feijóo preside a firma do acordo de patrocinio de Gadisa co Xacobeo e avanza que o Goberno galego presentará as contas esta semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2019 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

O Goberno galego presentará as contas do próximo ano esta mesma semana e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa adiantou algunhas das principais liñas orzamentarias, nas que a proximidade do ano Xacobeo será un dos eixos centrais que definirán estas políticas. Neste sentido, o líder galego trasladou que Cultura crecerá "o dobre da media" dos departamentos do Executivo.

Así o fixo durante o acto de firma do acordo de patrocinio de Gadisa no marco do próximo Xacobeo 21, a través do que a empresa galega destinará case un millón de euros para colaborar e explicitar o seu "compromiso" con esta efeméride.

Firma do acordo entre a Xunta e Gadisa para o patrocinio do Xacobeo 21
Firma do acordo entre a Xunta e Gadisa para o patrocinio do Xacobeo 21 | Fonte: Europa Press

O Goberno galego lembrou, ademais, que o programa de beneficios fiscais (activo desde novembro de 2018) se estenderá ata o 30 de setembro de 2021, ampliando así a repercusión deste evento e permitindo que o tecido empresarial sexa parte activa na súa organización.

Feijóo insistiu en que o Xacobeo será "unha oportunidade social e económica" na que a Xunta "non está soa", senón que compañías e entidades como Gadisa queren "estar presentes" a pesar destes momentos "de incerteza.

O mandatario reivindicou así os valores trasladados polo Camiño de Santiago, un símbolo "de convivencia" no que non importan as fronteiras, as nacións, as linguas ou as razas e que supón "abrir espazos" de diversidade e tolerancia en tempos en que se fala "de muros ou identidades excluíntes".

É por iso que Feijóo fixo fincapé en que a apertura da Porta Santa dará inicio a unha data "histórica" que Galicia aproveitará a través da "determinación" e o fomento dun tipo de turismo que deixa un impacto económico importante para contribuír ao desenvolvemento das zonas rurais, a fixación de poboación e a creación de emprego.

Así, peregrinos e visitantes dunhas 186 nacionalidades percorren xa a ruta santa para abrirse paso cara a Santiago e que teñen a oportunidade de "saboreala gastronómicamente" e "compartir ao instante" a súa experiencia a través das redes "a Galicia máis moderna e a mellor versión dos galegos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta