Morre un traballador ao caerlle encima un muro de pedra cando traballaba en Padrón

Unha vez liberada a vítima, o persoal sanitario mobilizado unicamente puido confirmar o falecemento do operario no lugar dos feitos, apuntaron as mesmas fontes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2019 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Un operario faleceu na tarde deste luns tras quedar sepulto por un muro de pedra que colapsou cando traballaba nunha casa en restauración no municipio de Padrón.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 16,20 horas deste luns nunha vivenda no lugar de O Areal, na parroquia de Cruces.

Tras recibir o aviso do 061 dos feitos, o 112 Galicia informou ao GES de Padrón, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil e á Policía Local.

Unha vez liberada a vítima, o persoal sanitario mobilizado unicamente puido confirmar o falecemento do operario no lugar dos feitos, apuntaron as mesmas fontes.

dun operario que perdeu a vida ao quedar sepulto por un muro de pedra en Padrón. A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios só puideron confirmar ou seu falecemento. Interviñeron tamén: Bombeiros de Boiro, GES e AVPC de Padrón, Garda Civil e Policía Local.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta