Aviso amarelo por choiva e ventos de máis de 80 quilómetros por hora

Continuará o vento intenso do suroeste nas primeiras horas e choivas xeneralizadas pola chegada dunha fronte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2019 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Parte da provincia da Coruña, da de Ourense e de Pontevedra terá este mércores aviso amarelo por precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrado en doce horas.

Así consta no Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, no que se indica que continuará o vento intenso do suroeste nas primeiras horas e choivas xeneralizadas pola chegada dunha fronte.

En concreto, o aviso manterase ata as 15,00 horas deste mércores no suroeste da Coruña e ata as 12,00 horas no oeste desta provincia.

Mentres, na montaña de Ourense o aviso por precipitacións activarase ás 12,00 horas e manteranse o resto da xornada e na provincia de Pontevedra estará activo de 6,00 a 18,00 horas.

En canto ao vento, o oeste e noroeste da Coruña terá aviso amarelo por refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora ata as 9,00 horas e A Mariña luguesa ata as 12,00 horas.

MAR

Pola súa banda, o litoral oeste e noroeste da provincia da Coruña terá aviso laranxa ata as 6,00 horas por vento do suroeste forza oito, tras o que pasará a amarelo ata as 12,00 horas por forza 7.

Este aviso amarelo por vento no mar esténdese ao litoral da Mariña e ao das Rías Baixas ata as 15,00 horas deste mércores.

Avisos meteorolóxicos para o mércores 16 de outubro en Galicia.. METEOGALICIA
Avisos meteorolóxicos para o mércores 16 de outubro en Galicia.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta