Contra os soños institucionais

...Como decía Anxo Angueira no seu poema "O valo de Manselle"... Nunca nada máis indicado para ver nestes tempos que os soños institucionais pouco ou nada teñen que ver cos soños dos cidadáns...

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 03/06/2012

Comparte esta noticia
Os novos centralistas, nacionalistas españois, andan a insinuar e a decir que o estado das autonomías xenera moito gasto, moita débeda e a xustificación ven ao caso aproveitando a crise económica.
 
Polo mesmo argumento, poderían tamén incluir o gasto institucional e burocratico e a pouca eficiencia do senado, do parlamento europeo e multitude de institucións ás que os cidadáns non lle atopan un mínimo sentido. por ese mesmo argumento, sería máis urxente disolver institucións arcaicas como as deputacións provinciáis.
 
Co paro existente, a proporcionalidade non se trasladou ao plano politico e institucións como o parlamento europeo, con máis de 700 deputados e da que se pensa que foi moi importante para Galicia, agás os fondos estructuráis, supuxo a liquidación da pesca galega, o sector lácteo, o sector naval, e a competitividade de sectores productivos galegos estratéxicos. A Europa dos estatos levounos a situacións de crise como a que padecemos.
 
Si ao senado non se lle atopa sentido nin utilidade, moito menos a institucións como as deputacións cando hai intrumentos de xestión máis modernos como as areas metropolitanas e os consorcios moito máis acaídas para dar servizos eficientes e baratos aos cidadáns destes tempos, ademáis de poder asumir os gobernos autonómicos moitas das súas funcións, hoxe repartidas entre tres ou máis institucións.
 
Lembremos ademáis que os deputados provinciáis son escollidos polos seus partidos e non saen de eleccións democraticas.
 
Eu non son autonomista, senón, soberanista, pero ese discurso resulta perigoso e o primeiro paso para dar unha volta ao pasado no recorte de liberdades, da variedade (e riqueza) cultural, de camiñar ao pasado na práctica de politicas reaccionarias, mesmo próximas á unificación do estado.
 
Ese centralismo rancio non deixa, sen embargo, de ser un satétite de outro centralismo aínda pior e que está levando ao mundo mesmo no sentido totalmente contrario ao que debera camiñar, e non entenden nin os centralistas mundiais e europeos nin os madrileños, que a existencia de nacionalidades nin se deseña, nin se destrúe por moito que tenten impoñer os seus intereses materialistas, así que aquí seguiremos, de momento... e ata sempre!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog