Tendencias

Coñezo a Paco Gallego, tanto pola súa traxectoria politica como polo seu lado máis humano, e teño que decir que en aquelo no que se compromete, rebosa emoción e compromiso a un nivel que para algúns pode resultar fanatismo, pero que supón unha garantía de traballo máis aló do que estarían dispostos a facer a maioría das persoas.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 29/07/2012

Comparte esta noticia

Que Galicia Confidencial, hoxe o diario dixital independente (supoño que en terminolixía de tendencias sería un xornal indie) máis leido do país aposte por unha sección de tendencias supón unha aposta pola modernidade nunha terra de tradicións ancestrais pero na vangarda das artes, da música, das letras...

 
Os que temos empresas e nos relacionamos con ese mundo, agradecemos que se creen plataformas informativas desa clase e soportes alternativos ao que son as clasicas tendencias dependentes de grandes firmas e intereses economicos moitas veces de fora.
 
Sei que Galicia Confidencial, tamén aquí, manterá a liña de independencia que a caracteriza no resto da información e acredito, polo tanto, no futuro de esta sección e no seu responsable.
 
Os que estamos comprometidos coa arte e a cultura de Galizia, coas súas empresas culturais, con xenerar emprego e riqueza, saudamos todas as plataformas que den soporte ao que se fai e aprender, porque hai que ter sempre unha fiestra aberta ao que se fai arredor e ao que ven dos confíns da terra. Os galegos sabemos empaparnos de mundo e darlle ao mundo unhas pingas de nós, do perfume das chorimas e das cores das nosas estacións.
 
Non é casual esta nova criación nin a data de nacimento nin que se cree unha sección chamada tendencias, o que pon ben ás claras que GC non se casa nin renuncia a seguir evilucionando e medrando, algo do que todos deberamos sentirnos fachendosos.
 
Parabéns pola iniciativa e pola escolla dunha data tan emblemática para iniciar o camiño, síntoma do compromiso co país e coa súa liberdade. Feliz travesía nese mar de ideas e traballos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog