Anpas Galegas acusan á Xunta de "ningunear" a educación e de "tomarlle o pelo á comunidade escolar"

Din que a Consellería de Educación non "ten tempo" para reunirse con eles.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2019 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

A Confederación Anpas Galegas denunciou que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, rexeitou reunirse cos seus representantes para abordar a situación da atención á diversidade nos centros escolares.

A entidade solicitou o pasado 4 de outubro unha reunión urxente coa titular do departamento autonómico, Carmen Pomar, para abordar os problemas rexistrados neste ámbito no presente curso escolar.

Este mércores, a asociación recibiu unha comunicación na que a Xunta rexeita a reunión por atoparse "nun momento de traballo intenso", tras unha relación de medidas impulsadas pola Xunta no ámbito educativo.

Anpas Galegas acusou ao Executivo galego de "tomarlle o pelo á comunidade" escolar e destacou o "clamor social" ante os recortes na dotación de profesionais de atención á diversidade, tanto a través da redución de profesorado de apoio, de compartir postos de orientación, entre outras.

Por iso, criticou que Educación "non quere escoitar á xente" nin escoitar que as medidas impulsadas representan un traballo "mal feito e clasista".

Lidia Prieto, presidenta da ANPA do CEIP Vilar de Barrio, no que denuncian a falta de profesores
Lidia Prieto, presidenta da ANPA do CEIP Vilar de Barrio, no que denuncian a falta de profesores | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta