Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2019 | Actualizada ás 21:02
O cabeza de lista de En Común ao Congreso pola Coruña, Antón Gómez Reino, censurou que o proxecto "tóxico" da mina de Touro "siga sen solución" e asegurou que se trata dun "exemplo negativo" de como se tenta "depredar" o territorio e terminar coa vida da xente que produce e trata de vivir no rural.
Acompañado polo membro de Unidas Podemos Juantxo López de Uralde, Gómez Reino visitou este xoves a localidade, onde se reuniu coa Plataforma Mina Touro NON.
Na visita, Gómez Reino lembrou que a súa formación levou varias iniciativas sobre este asunto ao Congreso dos Deputados e comprometeuse a seguir trasladando as denuncias para "frear a mina".
Pola súa banda, Uralde chamou a atención sobre a perda de poboación no rural. "Estamos ante un proxecto tóxico para o futuro das persoas que queren vivir no rural e ter unha actividade sustentable".
"Non podemos permitir que os intereses dunha corporación poidan acabar coa forma de vida de moitas persoas nesta zona", denunciou o exdirector de Greenpeace.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.