Os orzamentos da Xunta para 2020 impulsan o apoio ao sistema universitario segundo a conselleira de Educación

Carmen Pomar fixo estas declaracións desde o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas para coñecer o proxecto da investigadora Elena Pazo.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/10/2019 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, subliñou que os orzamentos da Xunta para 2020 impulsan o apoio ao sistema universitario galego e o reforzo das estruturas de investigación universitaria.

Así o destacou durante unha visita ao Centro de Investigacións Científicas Avanzadas e o Instituto de Investigación Biomédica CICA-INIBIC para coñecer o proxecto de investigación que a científica galega Elena Pazo, que obtivo unha bolsa Starting Grant dotada con 1,5 millóns, vai desenvolver nesta agrupación estratéxica, vinculada á UDC.

A titular de Educación destacou o "marcado carácter social" dunhas contas que ofrecen, segundo expuxo, un escenario de estabilidade e que permiten "seguir apostando polo sistema universitario de Galicia e polos grupos de investigación".

En concreto, para o próximo ano haberá unha partida de 441 millóns de euros para o financiamento do SUG, o que representa un 2,63% máis que o actual e 64 millóns destinados exclusivamente á investigación universitaria, o que supón un crecemento do 4%, segundo a Consellería.

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, durante unha visita ao entro de investigación CICA-INIBIC da UDC. CONSELLERIA DE EDUCACIÓN
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, durante unha visita ao entro de investigación CICA-INIBIC da UDC. CONSELLERIA DE EDUCACIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta