Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/10/2019 | Actualizada ás 12:27
Os especialistas Tedax do Servizo de Desactivación de Artefactos Explosivos da Garda Civil de Pontevedra recolleron en Vilagarcía de Arousa unha granada e un proxectil de uso militar de similares características aos utilizados na Guerra Civil Española.
Así, tal como informou nun comunicado a Benemérita, os dous artefactos foron localizados este venres nun muro de pedra que circunda unha vivenda, cando o seu propietario estaba a realizar labores de limpeza na leira e no inmoble.
Desta maneira, activouse de forma inmediata o protocolo de actuación por parte dos Tedax para a neutralización e recollida de ambos os obxectos para a súa total destrución. Así, o equipo confirmou que se trataba dunha granada de morteiro, de 81 milímetros de calibre e un proxectil antitanque, os dous en avanzado estado de oxidación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.