G. Caballero sobre os orzamentos: "Son unha carta aos Reis Magos que prometen todo o que non se fixo en 11 anos"

Segundo o secretario xeral de PSdeG, a estratexia do Executivo pasa por presentar uns orzamentos "para os oito meses que quedan desta lexislatura" que "solucionen o país".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou os orzamentos da Xunta de "carta aos Reis Magos", por "prometer todo o que non se fixo ao longo de once anos" de mandato de Feijóo.

Ao seu xuízo, estes orzamentos "son un engano" que "vende a Xunta" para "tentar camelar aos galegos e galegas" coma se non coñecesen a "desvergoña e as farsas do PP" tras once anos de "mentiras" e promesas "incumpridas".

"Feijóo incumpriu coa cidadanía galega, coas cidades, co medio rural, cos recortes", engadiu. Con todo, segundo Caballero a estratexia do Executivo pasa por presentar uns orzamentos "para os oito meses que quedan desta lexislatura" que "solucionen o país".

No entanto, o secretario xeral aposta por "manter a axenda de cambio" e crear un "novo proxecto de futuro que sexa firme e que teña claras as prioridades" de Galicia.

Reunión do PSdeG na Coruña. PSDEG
Reunión do PSdeG na Coruña. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta