Leiceaga cre que as contas da Xunta "acrecentan a desigualdade"

Denuncia que marcan "un crecemento" inferior ao posible.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, considerou que os orzamentos autonómicos da Xunta para 2020 teñen "dous problemas" para responder a un "crecemento san" xa que "profundan" no "incremento da desigualdade" teñen partidas de emprego "insuficientes".

"Creo que non podemos falar de crecemento san, senón dun crecemento moi por baixo das posibilidades que ten Galicia. Se temos capital humano e capital financeiro en disposición, a Xunta debería ser capaz de que se investise aquí en maior medida, e iso non está a suceder", manifestou Leiceaga nunha rolda de prensa celebrada este luns.

Na súa intervención, ademais, considerou que aínda que as cifras agregadas das contas poidan indicar que hai unha aposta polos aspectos sociais iso débese "contrastar coas necesidades" reais. "Se iso é o que quere dicir Feijóo, equivócase. A deterioración percibida por amplos sectores da poboación indican que a súa política está moi por detrás das necesidades", apuntou.

Así mesmo, en rolda de prensa, referiuse a inclusión de novas prazas de sanidade nas contas para asegurar que aínda que esta medida "vai na dirección correcta", é pouco "ambiciosa" e sitúa o cadro de persoal nas cifras de decembro de 2018.

REBAIXAS FISCAIS

Ademais, analizou as rebaixas fiscais incluídas polo Goberno galego nos orzamentos para 2020. Sobre este aspecto, censurou que a Xunta aposte por "beneficiar aos grandes patrimonios, que son moi poucos" con medidas cuxos "efectos, en termos de recadación, son máis limitados".

Por último, criticou que a liquidación volva evidenciar que "as partidas de emprego teñen un nivel de execución despropocionalmente baixo". "Chama poderosamente a atención esta falta de atención e, como non son capaces de executar, para 2020 o que fan é recudir esas partidas", lamentou.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, en rolda de prensa
O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta