En Marea pide a oficilidade da linguaxe de signos

Reclama que se eliminen "barreiras" arquitectónicas. Levarán o cambio no regulamento da Cámara ao pleno desta semana.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O grupo de En Marea reclama que o Parlamento de Galicia declare oficial a linguaxe de signos e que o seu uso se incorpore a todas as actividades parlamentarias, segundo recolle un texto lexislativo que propón modificar o regulamento da Cámara para facilitar a inclusión das persoas con discapacidade.

Linguaxe de signos
Linguaxe de signos | Fonte: santiagoturismo.com

Esta proposta, presentada este luns en rolda de prensa polo portavoz de En Marea, Luís Villares, e a deputada Paula Vázquez Verao, será debatida no pleno que comeza o martes na Cámara autonómica.

Ademais de elevar a rango oficial a linguaxe de signos, En Marea tamén propón que a Presidencia do Parlamento elimine as barreiras arquitectónicas que existen no Pazo do Hórreo, sede do Lexislativo galego.

"A inclusión non debe ser o excepcional, debe ser a norma", indicou Verao, que se preguntou "que ocorrería" se unha persona en cadeira de rodas lograse unha acta de deputado, pois o edificio non está adaptado e presenta "numerosas" barreiras, como escaleiras para acceder ás salas ou ao hemiciclo e dobres portas.

Ademais, tamén solicitan que a comisión de discapacidade teña carácter permanente para que "a casa do pobo sexa máis inclusiva". "Parécenos de recibo que materias como a igualdade, a discapacidade ou o emprego nun país precarizado sexan permanentes nesta Cámara", subliñou.

"Estamos en política para ampliar dereitos e a primeira ampliación de dereitos de dereitos necesaria é a igualdade de oportunidades", destacou Luís Villares, que incidiu na "necesidade" de que "a igualdade de dereitos" estea blindada no regulamento da Cámara.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta