Temas: MEL ABELLA

Así foi a pegada das abellas ao longo da historia de Galicia

Unha mostra itinerante ilustra as diferentes instalacións de colmeares e construcións históricas repartidas por toda a xeografía galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2019 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O proxecto 'Apiturismo Xacobeo 2021' pretende levar o patrimonio histórico apícola a todos os recunchos do mundo. Con este fin, a Asociación Galega de Apicultura impulsou diversas iniciativas divulgativas, como unha exposición itinerante, unha publicación e a próxima organización de rutas guiadas polas zonas de Galicia nas que están presentes este tipo de construcións, declaradas patrimonio inmaterial da Humanidade pola Unesco.

As 'alvarizas', colmeares ou abelleiras, son construcións apícolas tradicionais do territorio galego. Todas elas presentan numerosos elementos en común como o uso de pedra seca para defender as colmeas dos osos das montañas orientais, delimitar o recinto colmenar ou impedir o paso de gando silvestre ou doméstico ao mesmo.

As pedras usadas, normalmente granito ou lousa, diferían segundo se se dedicaban a levantar cercas nos colmeares ou para protexer as colmeas, ademais dos materiais característicos e propios de cada emprazamento.

Xosé Torrés, de AGA, valorou en rolda de prensa esta "herdanza 'sobranceira'" e a "obrigación moral" de impulsar tanto unha protección como unha "visibilización" deste patrimonio histórico da cultura galega. Aí é onde encaixa o proxecto 'Apiturismo Xacobeo 2021', coa que a asociación (a través do apoio da Xunta de Galicia) promoverá a atracción de visitantes e turistas aos ecosistemas que rodean estas construcións, herdeiras dunha tradición "milenaria".

MATERIAIS

Paula Soto detallou as diversas iniciativas expostas ao amparo deste proxecto, a primeira delas unha exposición que terá carácter itinerante e na que se recolleron imaxes destas construcións e colmeares.

En total, foron 40 imaxes nas que se plasmaron estas zonas situadas nos Ancares, o Courel, A Costa da Morte, entre outras, nunha mostra que permanecerá na Galería Sargadelos de Santiago ata o 31 de outubro. A exposición está acompañada dun vídeo promocional gravado na Ribeira Sacra, Os Ancares, Costa da Morte e O Xurés, entre outras zonas.

Xunto á mostra, AGA editou unha publicación con 4.000 exemplares que distribuirán en catro idiomas "por todo o mundo", e na que se abordan as zonas "máis representativas" destas construcións históricas, desde as 'alvarizas', os 'teitos de palla' ata os muros de pedra e as instalacións dos canóns do Sil.

CONGRESO INTERNACIONAL

A seguinte fase do proxecto será a organización de visitas a través das diferentes rutas apícolas de Galicia, e que están previstas para o período 2020-2021.

A asociación tamén avanzou a creación dun centro de información sobre apiturismo, no Centro de Divulgación do Queixo e do Mel en Arzúa, e a organización dun Foro Internacional de Apiturismo en Galicia para o ano 2021, coincidindo coa conmemoración do Xacobeo.

Apicultura tradicional. AGA
Apicultura tradicional. AGA | Fonte: Europa Press

Temas: MEL ABELLA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta