Reciben na Coruña a axentes galegos desprazados en Cataluña ao berro de "valentes"

Os sindicatos cualifican de "violencia extrema" os incidentes e piden que se lles deixe actuar con "todos os medios" ao seu alcance.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/10/2019 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

Máis dun centenar de persoas recibiron, na comisaría de Lonzas na Coruña, a 30 axentes do VIII Unidade de Intervención Policial desprazados en Cataluña e que regresaron para pasar unha semana de descanso antes de regresar, segundo explicaron representantes de sindicatos policiais que se atopaban entre os asistentes.

Recibidos con aplausos e con berros de "valentes" e "non estades sós", pronunciados por parte dalgúns dos participantes, entre os que se atopaban achegados e compañeiros. Os axentes chegaron en oito furgóns da Policía Nacional ata a comisaría de Lonzas.

Trátase, segundo explicou aos medios de comunicación Sandra Castro, secretaria provincial do Sindicato Unificado de Policía (SUP), de 30 axentes do total de 170 desprazados ata Cataluña desde Galicia, correspondentes ás cinco unidades de Intervención Policial que hai nesta comunidade, tres na Coruña e dous en Vigo.

Sandra Castro afirmou que veñen "repor forzas" durante unha semana para tomar, despois, a substitución a outros compañeiros. Sobre a estancia destes compañeiros en Cataluña, tras 29 días, asegurou que "aguantaron agresións e pedradas", expuxo lembrando a situación dos compañeiros feridos e ingresados.

OS SINDICATOS PIDEN MEDIOS

"Nunca xamais viron semellante brutalidade contra eles", indicou sobre o que lles transmitiron os compañeiros desprazados a Cataluña. Por outra banda, ao ser preguntada por quen están detrás dos incidentes, dixo que "grupos independentistas" e outros que "veñen de fóra". Tamén denunciou a presenza de menores "que se uniron á causa".

"Parece que está de moda tirar pedras á Policía en Cataluña", asegurou a representante sindical, quen reclamou que se lles deixe usar a estes axentes "todos os medios ao seu alcance", á vez que defendeu a formación destes funcionarios para situacións deste tipo.

Pola súa banda, Borja Varela, secretario rexional da Confederación Española de Policía, asegurou que os seus compañeiros están a vivir unha situación "límite" e que nunca antes se enfrontaron a unha violencia que cualificou de "extrema".

"Agora toca analizar estes momentos", dixo ao ser preguntado por quen están detrás das agresións a axentes. Por outra banda, incidiu en que os policías desprazados se atopan "excedidos" e lamentou, como a representante do SUP, que non se dese "a orde" de actuar a "unidades en reserva" en incidentes como os rexistrados o venres.

Chegada á comisaría de Lonzas do primeiro destacamento galego de axentes  desprazados a Cataluña. SUP
Chegada á comisaría de Lonzas do primeiro destacamento galego de axentes desprazados a Cataluña. SUP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta