A Xunta dotará Pontevedra, Lugo e Ourense de tres novas plantas públicas de compostaxe

Ángeles Vázquez anunciou novas axudas para "a promoción de microparques empresariais" de titularidade municipal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2019 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda impulsará a partir de 2020 a posta en marcha de tres novas plantas públicas de tratamento de biorresiduos para compostaxe nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense, "ademais da que está xa construída" no complexo de Sogama, en Cerceda (A Coruña).

Así o anunciou a conselleira do ramo, Ángeles Vázquez, durante a súa comparecencia no Parlamento para explicar os orzamentos do seu departamento para o próximo ano. En concreto, as contas do 2020 están provistas de cinco millóns de euros para impulsar estas tres novas plantas de compostaxe, pero a Xunta mantén "no cronograma outros 20 millóns" a este efecto.

Así mesmo, Vázquez anunciou novas axudas para "a promoción de microparques empresariais" de titularidade municipal, e puntualizou que será no que queda do 2019 cando o Goberno autonómico leve á Cámara a lei de residuos e chans contaminados e aprobe a estratexia galega de economía circular.

Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural. CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural. CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta