Temas: 10N FEIJóO PP

Feijóo encabezará a delegación galega do PP que participará na Interparlamentaria de Alacante

Participará nunha das mesas de debate xunto cos outros presidentes de gobernos autonómicos do PPdeG, acudirán ao acto deputados da Cámara galega, así como parlamentarios estatais e senadores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2019 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

Unha delegación galega do PPdeG, encabezada polo líder do partido na comunidade e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participará este sábado na Interparlamentaria que os populares celebrarán en Alacante.

Concretouno o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, quen subliñou que, ademais de Feijóo, quen participará nunha das mesas de debate xunto cos outros presidentes de gobernos autonómicos do PPdeG, acudirán ao acto deputados da Cámara galega, así como parlamentarios estatais e senadores.

Tellado remarcou que os populares galegos demostrarán que, "neste partido hai un modelo de xestión alternativo ao que hoxe supón a suma dos socialistas, dos nacionalistas e de Podemos", engadindo que se basea "na aposta polo crecemento económico e o emprego, así como na mellora dos servizos sociais e no rigor e o 'sentidiño' na xestión". "Ese é o gran valor do PP, un modelo que merece e que España necesita hoxe", sentenciou.

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG
O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG

Temas: 10N FEIJóO PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta