Temas: PSDEG OURENSE

Absoltos dous membros do PSOE ourensán acusados de espiar a un compañeiro para prexudicar a súa candidatura ao Senado

A exsecretaria de Acción Electoral e un axente de policía xubilado eran sospeitosos de descubrimento e revelación de segredos.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 28/10/2019 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

A que fora secretaria de Acción Electoral de PSOE de Ourense MT.T.C. e o axente de policía xubilado E.C.R, compañeiro de partido, foron absoltos pola Audiencia Provincial de suposta espionaxe para prexudicar a candidatura doutro militante —o denunciante— ao Senado nas eleccións xerais do 2016. Ambos permanecían acusados por descubrimento e revelación de segredos.

Xuízo en Ourense a dous acusados de espiar a outro para prexudicar a súa posible candidatura ao Senado polo PSOE en Ourense
Xuízo en Ourense a dous acusados de espiar a outro para prexudicar a súa posible candidatura ao Senado polo PSOE en Ourense | Fonte: Europa Press

Segundo recolle a sentenza datada este luns 28 de outubro, o tribunal considera probado que a sospeitosa, que tamén quería concorrer nas listas, contactou co axente para que comprobase "se era certo que a Policía Local de Ourense detivera" o seu posible adversario "hai uns anos".

Ao día seguinte, o imputado E.C.R., "sen estar autorizado para iso nin atoparse no curso de ningunha investigación", accedeu á base de datos de denuncias policiais, en concreto "ao único atestado" no que aparecía expedientado o denunciante "por uns feitos de 2008".

Así, o fallo da Audiencia Provincial que absolve os dous socialistas recolle que "non quedou acreditado que os acusados mantivesen conversacións telefónicas posteriores" nin que o policía, tras a consulta da base de datos, "realizase outras posteriores" ou "quitase copia do atestado".

Os maxistrados explican que aínda que E.C.R. accedeu á información "á marxe das vías legais", iso "non colma" a esixencia de tipicidade do delito de revelación de segredos.

Así as cousas, a absolución do home leva a absolución tamén da acusada MT.T.C. en concepto de inductora, xa que esta "se limitou a dicirlle ao policía se podía comprobar se era certa a información que ela tiña do seu compañeiro de partido" e posible rival para concorrer na candidatura á Cámara Alta.

Temas: PSDEG OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta