Prisión por tentativa de homicidio para un dos novos detidos pola liorta de Ribeira

Catro novos detidos pasaron a disposición xudicial pola pelexa rexistrada durante unha pedida de man e na que morreu un home.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/07/2025 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

Un dos catro detidos que este venres pasaron a disposición xudicial pola súa implicación na pelexa multitudinaria do pasado 1 de xullo en Ribeira foi enviado a prisión provisional acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa e outro de condución temeraria. Os outros tres comparecentes quedaron en liberdade con medidas de afastamento, investigados por un delito de rifa tumultuaria. A decisión foi adoptada pola maxistrada do Xulgado de Instrución número tres de Ribeira, en funcións de garda.

Un dos detidos que pasa a disposición policial, a 11 de xullo de 2025, en Ribeira, A Coruña, Galicia (España). Outro seis persoas foron detidas onte, 10 de xullo, pola multitudinaria pelexa que se produciu o pasado 1 de xullo entre os membros. Elena Fernández - Europa Press
Un dos detidos que pasa a disposición policial, a 11 de xullo de 2025, en Ribeira, A Coruña, Galicia (España). Outro seis persoas foron detidas onte, 10 de xullo, pola multitudinaria pelexa que se produciu o pasado 1 de xullo entre os membros. Elena Fernández - Europa Press | Fonte: Europa Press

Todos os detidos pertencen á mesma familia e foron arrestados durante un operativo policial despregado o pasado mércores no poboado da Conlleira. A súa detención súmase á doutros seis implicados, procedentes de Santiago, que foran interceptados o mesmo día da pelexa na peaxe da AP-9 en Teo, tras unha persecución. Daquel grupo, un tamén foi enviado a prisión preventiva por un delito de homicidio (imprudente ou doloso), mentres que os outros cinco quedaron en liberdade investigados.

A violenta pelexa tivo lugar durante unha celebración familiar no Centro Recreativo de Artes, en Ribeira, e saldouse cun home falecido e varias persoas feridas. Os enfrontamentos entre as dúas familias continuaron máis alá do lugar dos feitos, con implicación de vehículos e episodios de agresión grave, segundo os indicios recollidos pola Policía Nacional. O caso segue baixo investigación xudicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta