Yolanda Díaz di que o PSOE prepara unha "contrarreforma laboral" en base á "incorporación da mochila austríaca"

A candidata de Galicia en Común engade que "Pedro Sánchez é un experto en derrogar a reforma laboral en campaña electoral, dado que cando goberna non só non o fai senón que con clareza aposta pola mochila austríaca".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2019 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

A candidata de Galicia en Común ao Congreso, Yolanda Díaz, acusou este luns ao PSOE de enviar a Bruxelas unha "contrarreforma laboral" baseada na "incorporación da mochila austríaca" como un "escarnio para todos os traballadores do país". Así o puxo de manifesto en declaracións aos medios de comunicación, logo do encontro mantido cos delegados sindicais e traballadoras do sector téxtil en Ourense.

Neste contexto, Yolanda Díaz chamou a Pedro Sánchez a "ser claro" á hora de explicar que "incorporar a mochila austríaca á estrutura española supón un experimento de especulación cos despedimentos".

No entanto, Yolanda Díaz explicou que, polo momento, "descoñécese exactamente como funcionará a mochila austríaca", un modelo laboral implantado en Austria cuxo orixe se basea en que "os traballadores aforran unha parte do seu despedimento nuns fondos que especulan cos seus recursos". Se finalmente se implantase o modelo de "mochila austríaca" este operaría como "un contrato único", segundo explicou Yolanda Díaz.

Deste xeito, a candidata de Galicia en Común sinalou que "corren malos tempos" para os traballadores españois debido a que "Pedro Sánchez é un experto en derrogar a reforma laboral en campaña electoral, dado que cando goberna non só non o fai senón que con clareza aposta pola mochila austríaca".

MELLORA DAS CONDICONES NO TÉXTIL

Por outra banda, a candidata de Galicia en Común tamén fixo referencia ao seu encontro coas traballadoras do téxtil en Ourense e destacou a "singularidade" do sector tanto para Galicia como para o Estado.

Neste marco, Yolanda Díaz sinalou que "lonxe de axudar a mellorar as condicións das mulleres", dada a súa feminización, "o sector téxtil encárgase de tirar abaixo as condicións laborais das traballadoras".

Entre as principais reivindicacións do colectivo atópanse "unha xornada laboral que se adapte á vida das traballadoras e non á inversa", un aspecto que "é absolutamente posible", en palabras de Yolanda Díaz.

"Non podemos esquecer que existen alternativas ao modelo social precario e mísero que se está impondo agora mesmo", sinalou a candidata de En Común Unidas Podemos. Yolanda Díaz tamén sinalou que o sector téxtil "pode e debe mellorar as súas condicións", dado que nestes momentos non está a pasar por problemas económicos.

A deputada de Galicia en Común Yolanda Díaz atende aos medios de comunicación.. Eduardo Parra - Europa Press
A deputada de Galicia en Común Yolanda Díaz atende aos medios de comunicación.. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Guillerme Gintonic

Pero para eso xa te van propoñer a tí de Ministra de Traballo ( vou escachar coa risa )

1 caxancran

a ver si estos parasitos sociais escomenzan a traballar. dan noxo. Yolandita quedate por Madriz e non voltes, eiqui nin a ti nin ao Tonecho vos imos botar de menos.