O presidente de Renfe di que o anterior Goberno desatendeu "as proximidades e media distancia"

Agora trabállase en "licitar a compra de trens novos" de proximidade e media distancia para que "sexan mellores, máis cómodos, máis adaptados ás necesidades actuais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2019 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O presidente de Renfe, Isaías Táboas, responsabilizou ao anterior Goberno central do Partido Popular de desatender " os servizos de proximidade e de media distancia".

Así se manifestou --antes de visitar as instalacións de Arteixo Telecom, situada nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña)-- a preguntas dos medios de comunicación sobre a protesta de pasaxeiros o domingo polas deficiencias da liña que pasa polo Carballiño (Ourense), que provocou un peche na estación e a chegada do tren con tres horas de atraso a Santiago de Compostela.

Agora trabállase en "licitar a compra de trens novos" de proximidade e media distancia para que "sexan mellores, máis cómodos, máis adaptados ás necesidades actuais". "Mentres tanto, lidamos cun parque móbil vello, que nalgúns casos ten máis de 40 anos, onde non se realizaron investimentos en material", explicou.

MODERNIZACIÓN

O presidente de Renfe estivo acompañado na visita á planta situada no polígono de Penapurreira polo secretario de Estado de Industria, Raúl Branco, e polo alcalde das Pontes, Valentín González Formoso (PSOE).

A súa presenza en Arteixo Telecom debeuse a que é "un dos provedores non directos, dos fabricantes, de todo o sistema de tren-terra" de Renfe, que comunica o tren coa liña en todas os sistemas convencionais.

"Agora que estamos nunha fase de comprar trens novos e os fabricantes terán que pór estes sistemas, de aí o meu interese de vir velos in situ, tanto a tecnoloxía como a empresa", agrega.

Tras rexeitar calquera tipo de pregunta no referente ao sinistro de Angrois, foi cuestionado sobre o tempo empregado polo tren para unir as cidades da Coruña con Ferrol, superior á hora e media. "Eu levo trens pola infraestrutura que existe, nós somos unha empresa de transporte e non somos a que crea e mantén as infraestruturas", explicou.

A pesar diso, mostrou o seu desexo de que "se mellore", porque así os tempos de viaxe "serán menores" e "a cidadanía optará máis polo tren". "Pero o percorrido, os quilómetros e a velocidade á que se pode correr non nos corresponde a nós", deixa claro.

Un tren de renfe nas plataformas da estación de Porta de Atocha durante o paro de 24 horas convocado polo sindicato CCOO no grupo Renfe que obrigou á operadora ferroviaria a suspender a circulación de 320 trens de pasaxeiros dos 990 pr. Ricardo Rubio - Europa Press
Un tren de renfe nas plataformas da estación de Porta de Atocha durante o paro de 24 horas convocado polo sindicato CCOO no grupo Renfe que obrigou á operadora ferroviaria a suspender a circulación de 320 trens de pasaxeiros dos 990 pr. Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta