O PSdeG denuncia ante a xunta electoral o "uso partidista" das redes sociais da Deputación de Ourense

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2019 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O PSdeG denunciou ante a xunta electoral o "uso partidista" das redes sociais da Deputación de Ourense despois de que o perfil de 'Twitter' da institución publicitase un acto da candidata do PP ao Senado Ana Vázquez.

Nun comunicado aos medios, os socialistas ourensáns aseguran que a conta oficial da Deputación de Ourense marcou cun 'gústame' unha mensaxe da candidata e exdiputada dos populares no que anuncia un acto do seu partido.

O PSdeG de Ourense, que lembra que a publicación aseguraba que se o PP suma un deputado "máis", Pedro Sánchez terá "un menos", asegura que a publicación foi realizada o pasado 25 de outubro, xusto antes dun mitin do presidente do PPdeG, Aberto Núñez Feijóo, en Ribadavia.

Os socialistas destacan que a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral prohibe estas prácticas "vergoñosas" que "prexudican claramente á democracia e ás institucións públicas". Ademais, instan o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a "cesar no seu empeño de marchar as institucións co fin de ser o campión mundial do caciquismo en todas as eleccións".

Pleno da Deputación de Ourense.
Pleno da Deputación de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta