O 8% dos galegos sofren de pobreza enerxética

Un de cada sete fogares con pobreza enerxética en Galicia ten membros en paro. Segundo un estudo, para paliar esta situación hai que acometer "políticas sociais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2019 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Un de cada sete fogares galegos en situación de pobreza enerxética ten entre as súas miebros a algunha persoa en paro, segundo as conclusións do estudo 'A pobreza enerxética en España: Aproximación desde unha perspectiva de ingresos', elaborado pola Cátedra de Sustentabilidad Energética do IEB-Universidade de Barcelona entre 2011 e 2017.

Galicia sitúase dúas décimas por baixo da taxa de pobreza enerxética durante o período analizado. Así, a Comunidade galega é a novena do estado con maior índice de pobreza enerxética (8,0%).

Os fogares galegos gastan unha media anual de 1.101 euros en enerxía, lixeiramente por encima dos datos do conxunto estatal, que se sitúan en 1.099 euros. Así mesmo, o estudo tamén sinala que sete de cada dez fogares con pobreza enerxética están situados en edificios con máis de 25 anos de antigüidade. Ademais, a metade destes fogares son unipersonales e un 4% monoparentais.

DATOS ESTADO

O 22% dos fogares españois en situación de pobreza enerxética contan con persoas desempregadas, fronte ao 7,1% dos fogares que non se atopan nestas circunstancias. O estudo subliña así mesmo que a probabilidade de que un fogar se atope nesta situación de pobreza enerxética aumenta un 9,3% cando o sustentador principal está desempregado.

Segundo o estudo, publicado pola Fundación Naturgy e dirixido pola catedrática de Economía da Universidade de Barcelona e expresidenta da Comisión Nacional de Enerxía (CNE), María Teresa Costa-Campi, un 8,3% de media dos fogares españois atópase en situación de pobreza enerxética, despois de que a taxa media alcanzase un pico máximo do 9% en 2013.

Desde 2013 esta taxa descendeu paulatinamente ata o valor mínimo de 2017, un 7,4%, o que significa que, aproximadamente en catro anos, 67.500 fogares españois deixaron de estar en situación de pobreza enerxética.

Na presentación do estudo, Costa destacou a importancia de "falar primeiro de pobreza e despois de pobreza enerxética para establecer unhas variables sobre as que se poidan incidir", xa que os datos demostran que a pobreza enerxética "é unha dimensión máis da pobreza en xeral".

A cea para un sen teito no antigo asilo de Vigo, coa luz tenue das velas
A cea para un sen teito no antigo asilo de Vigo, coa luz tenue das velas | Fonte: Miguel Núñez

POLÍTICAS SOCIAIS

Así, estimou que as medidas para paliar a pobreza enerxética deben abordarse "con políticas sociais, que permitan incrementar os ingresos das familias, e con políticas de eficiencia enerxética, para promover a redución do gasto".

Segundo o informe, o perfil dos fogares españois en situación de pobreza enerxética definiríase por: estar situados en áreas rurais ou con menor densidade de poboación; vivir en réxime de aluguer; en edificios de 25 anos ou máis, e en zonas con condicións meteorolóxicas extremas de calor ou frío; e ser fogares unipersonales ou monoparentais, sustentados en boa parte por mulleres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo8601

Ni de broma es un 8%: el porcentaje es mucho mayor.

2 Gamela

En Galicia fixemos todo ao revés... sentamos na Comisión aos defensores das Empresas e permitimos morrer unha lei de pobreza enerxética sen facer NINGÚN ESTUDO SERIO ! Agora temos que tragar o estudo financiado por Narturgy ? (Fenosa xa non é nosa!) E hai apenas uns días o PP tampouco permitiu que as concesións caducadas dos saltos electricos galegos volveran ás mans dos galegos !!! https://i.gal/gamela09

1 botabox@gmail.com

Votan non? Pois.... O resto idem.pagamos o imposto revolucionario dos que se sentannos consellos de administracion.a seguir asi.