Temas: AVE ELECCIóNS 10N

O PP esíxelle a Sánchez "deixar de mentir" sobre o AVE e acúsao de deixar "trens vellos" en Galicia

A conselleira Ethel Vázquez di en Monforte que non ser van cumprir os prazos do AVE.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2019 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

Os populares reivindicaron este luns en Monforte "melloras" das conexións ferroviarias e que o Goberno central "deixe de mentir" sobre os prazos do AVE.

Así o remarcaron nun acto no que participou o candidato do PP ao Congreso Joaquín García Díez e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, así como outros dirixentes do PP lucense, quen tamén realizaron unha visita ao Museo do Ferrocarril.

Ethel Vázquez criticou a política do PSOE con respecto ao AVE, pois, ao seu xuízo, está "a interpretar unha melodrama" coa alta velocidade.

"Estamos cansados de políticas socialistas que son actores e non xestores", sentenciou, antes de aludir aos "insultos e descualificativos" que atribuíu a distintos representantes do PSOE en relación ao informe elaborado pola Xunta no que se pon de manifesto que a execución do AVE "experimentará un atraso considerable".

"TRENS MÁIS VELLOS"

"É imposible cumprir os prazos", sentenciou a conselleira, antes de advertir que "o que pretende (Pedro) Sánchez" é que "en Galicia haxa trens máis vellos", polo que avanzou que a Administración autonómica será "esixente" co material que emprega Renfe para prestar servizo na comunidade.

A este respecto, pediu á empresa pública que actúe segundo criterios "de cohesión territorial e de interese xeral", xa que, para a popular, isto é "outro agravio a Galicia e nin os veciños de Lugo, nin do Carballiño, nin de Monforte son responsables destas incidencias".

"O operador ferroviario ten que ter os recursos necesarios para garantir os dereitos dos pasaxeiros ante calquera eventualidade. En Madrid teñen que escoitarnos e non só pensar en función dos votos que poidan rascar", esgrimiu, antes de esixir ao Executivo de Sánchez "o mesmo esforzo para executar o Corredor Atlántico de Mercadorías que se está executando para o Corredor Mediterráneo".

Pola súa banda, García Díez adiantou que, tendo en conta que "non hai ningún servizo despois do catro da tarde entre Lugo e Ourense", o primeiro que fará na nova lexislatura será propor dúas novas frecuencias á vez que se vaian a desenvolver as obras da alta velocidade.

Dirixentes populares nun acto electoral en Monforte. PP DE LUGO
Dirixentes populares nun acto electoral en Monforte. PP DE LUGO | Fonte: Europa Press

Temas: AVE ELECCIóNS 10N
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta