Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2019 | Actualizada ás 10:05
Un incendio declarado na madrugada deste mércores nun alpendre lindeiro a unha vivenda no municipio coruñés de Cedeira causou danos materiais no interior da construción, onde ardeu maquinaria agrícola, sen que ningunha persoa resultase ferida.
Segundo informou o 112 Galicia, debido ao incendio ardeu un tractor, diversa maquinaria agrícola e leña acumulada. Os feitos ocorreron no lugar de Meizoso, na parroquia da Régoa, sobre as 3,50 horas deste mércores.
Foi unha persoa particular a que alertou do incendio ao 112 Galicia, tras o que se puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ferrol, do GES de Ortigueira, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cedeira.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os labores de extinción do lume finalizaron sobre as 6,15 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.