E logo, vai vostede votar o vindeiro día 10?

O que non vaia estando un pouco farto da leria electoral española destes anos, que levante a mán. A ver, está vostede a sentir que lle toman o pelo? Ten a sensación de que os seus representantes non lle representan (G. Zaldívar dixit)? Percibe un divorcio entre a clase política e nós, a xente? Entende vostede que, unha vez elexidos, os diputados —ao revés do que pasa cós alcaldes nos concellos pequenos— nunca nos van rendir contas, nin van ter relación ningunha con nós, os seus electores?

Por A.C. Pereira-Menaut | Compostela | 08/11/2019

Comparte esta noticia
Se a resposta é que si, primeiro, saiba que non hai remedios doados, rápidos nin totais. Pero, segundo, polo menos tentemos minimizar a tomadura de pelo.
Examinadas dende unha ollada democrática e constitucional esixente, as campañas electorais españolas, en xeral, merecen unha puntuación moi baixa por cáseque todos os conceptos, dende o inxusto acceso aos medios ata o desigual reparto dos fondos públicos, para non esmentar a parcialidade dos medios relevantes, ou o abuso de posición dominante que fan todos os gobernos ainda que estean só en funcións...  Se houbera aquí o equivalente da CNMC, ¿qué diría?
 
As eleccións deberían ser como a saída dunha carreira dos cen metros libres, todos cun equipamento igual e saíndo da mesma raia. No canto de eso, son como a saída da Fórmula 1.
O sistema electoral completo (ou sexa, non só a lexislación de atribución dos escanos, senón as condicións todas da campaña, tanto formais como reais) ven sendo un micro-refreixo do sistema político, que reprodúcese xustamente por medio do sistema electoral; por eso Os Que Mandan poñen ahí a carne na asador.  Levamos varios envites electorais nos que quedou claro que o sistema d’Hondt, nacido para forzar grandes maiorías, cando os votos fragméntanse alén dun certo límite, e non se xeran maiorías claras, cando non hai dous partidos grandes, o sistema non ten xeito.  Non só é inxusto (eso, de nacemento), senón disfuncional. Diante de ese desaxuste, Os Que Mandan non queren axustar o sistema electoral a unha sociedade que xa non é bipartidista (estrictamente, non o fora nunca), senón que persisten en forzarnos a entrar na horma bipartidista.
 
Velaí un episodio máis da longa serie “Baleiramento de contido da democracia” (P. Mair), serie que na España é curta e doada, por non ter habido nunca unha democracia seria e consolidada. A Constitución de 1978, aínda non sendo mala, redactouse como se a lei de ferro das oligarquías, nunca se fora cumprir en España. No sistema político español, as eleccións, na realidade, veñen sendo só unha condición de validez. Dito de outra maneira: como sen eleccións non hai Cortes nin goberno, haberá que facer eleccións.  Pero desque estean feitas, os electores faremos mutis polo foro ata as seguintes. No que anda errado o Zaldívar é neso de que os nosos representantes non nos representan. ¿Por qué? Porque non temos nin o concepto dos “nosos representantes”. Claro que hai representantes, e claro que representan. A quén? Como en toda representación, a quen os nomea, ou sexa, ás élites dos partidos. Hai representantes, e ben que representan aos seus representados, pero non somos nos. Represéntase —“faise presente”— sempre a quen designa, ou sexa, neste caso, a quen fai a lista bloqueada. A idea, tan anglosaxona, de “o meu representante”, “your MP” (UK) ou “your representative” (USA), aquí non existe nin siquera legalmente: non hai territorio ningún, nin grupo de persoas ningún, que teña asignado un diputado concreto, con nomes e apelidos, un “responsable fusilable”.
 
Para que un cidadán sen alma de escravo, e que non se deixe tomar o pelo, participe dignamente nunhas eleccións, éstas non deben ser un atentado á súa intelixencia nin un cheque en branco para os partidos.  Tales eleccións deberían cumprir moitos requisitos, pero como mínimo-mínimo, agora apuntaríamos dous, reconducibles a un: primeiro, que non se constitúan unhas novas Cortes a menos que todos os diputados teñan sido votados persoalmente, cós seus nomes e apelidos e precisamente para ese escano.  Segundo, que ao longo da lexislatura, caso de quedar un escano vacante, non se lle dea a ninguén que non teña sido elexido en persoa polos electores; o que implicará unha by-election ou equivalente en cada escano que quede baleiro.
 
Se non estou errado, Pedro Sánchez acadou un escano en 2009 sen ser elexido polo pobo, senon por renuncia de Pedro Solbes, e outra vez en 2013 por renuncia de Cristina Narbona.  E chegou a presidente do goberno en 2018 sen ter escano ningún, ou sexa, respaldado por unha lexitimidade popular máis ou menos igual a cero.
 
¿Cál é o gran obstáculo?  As elites partitocráticas, parapetadas no valado da lista bloqueada.

papeleta
papeleta | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antonio Carlos Pereira-Menaut É Catedrático de Dereito Constitucional na USC. Tamén é director da Cátedra Jean Monnet de Dereito Constitucional europeo.Ocupouse de Teoría Política, Teoría Constitucional, Constitucionalismo Comparado (sobre todo, inglés), e Federalismo, Autonomía e organización territorial. É un gran coñecedor do proceso de constitucionalización da Unión Europea.