En Común-Unidas Podemos quere que "un galego ou galega" dirixa o Ministerio de Agricultura e Pesca

A coalición encara o peche de campaña cunha chamada "a unha mobilización histórica da esquerda"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2019 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

O cabeza de cartel pola Coruña ao Congreso de En Común-Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, manifestou que a súa formación buscará que "un galego ou galega" dirixa as carteiras de Pesca e Agricultura nun hipotético futuro goberno.

Juan Carlos Monedero, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino nun acto electoral
Juan Carlos Monedero, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino nun acto electoral | Fonte: Europa Press

"Todo o mundo entendería que, en España, fosen galegos e galegas quen tivesen as políticas públicas en pesca ou a voz fundamental no agro ou o sector lácteo", asegurou o candidato coruñés, que enxalzou o sector primario porque "asenta poboación e xera economía baseada na sustentabilidade".

Ademais, propuxo unha rebaixa no IVE aos produtos pesqueiros como vía para axudar o sector da pesca e para, ademais, fomentar hábitos alimentacios saudables.

Lamentou que o sector da pesca "leve tempo case que autorregulándose para coidar as pesqueiras e ser sustentables" ante a "falta de decisión política" e a ausencia dun goberno "que defenda a súa postura en Europa", o que provoca que se atopen con "caladoiros pechados de forma ilóxica" ou "marcos normativos que dificultan a súa actividade".

Por último, apelou a que o domingo, xornada de eleccións, se produza "unha mobilización histórica do voto da esquerda" a pesar de que é consciente de que "moita xente progresista e de esquerda neste país se sente agora defraudada".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Xavolve

Se Antón e Yolanda quedan fora do parlamento español Galiza non o notará, foron parte deses 23 madrillegos vendidos ós seus amos españois. Só se lembran do seu país natal á hora de pedir o voto. Ogalla o domingo rematen no paro e os reemplacen ós do BNG, os únicos nacionalistas galegos que se presentan ás eleccións.

2 RAMIRO DE YOLI

Pero ten que ser Yolanda Díaz

1 Pesego saltarín

Pero hombre! para eso ya teníamos a Rajoy de Presidente.....