Botar traballadores públicos en precampaña?

No PPdeG medran as voces contra o adianto electoral a Outono ante a inminente nova onda de recortes.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 05/07/2012 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

A reforma da administración, coa que o Goberno pretende aforrar uns 80.000 millóns de euros durante esta lexislatura, prevé o despedimento de polo menos 100.000 traballadores públicos, segundo fontes do Executivo de Mariano Rajoy citadas por varios medios estatais. Outras fontes do PP aumentan esta cifra ata as case 300.000.

Os despedimentos, en todo caso, non afectarán aos funcionarios. O recorte centrarase no equipo de contratados laborais, traballadores interinos e eventuais, un colectivo que ascende a 877.459 persoas, o 39% do total dos 2.530.956 empregados públicos de España, segundo os datos de xuño do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

O problema ao que se enfronta o Executivo é que a maioría destas sociedades nas que hai persoal laboral e non funcionarios pertencen ás comunidades autónomas, concellos, deputacións e mancomunidades de municipios. E o Goberno non pode impoñerlles de xeito directo que despidan persoal, aínda que si lle fará unha recomendación formal a través dunha resolución do Consello de Ministros. A Moncloa considera clave que exista diálogo e cooperación entre os tres niveis da administración pública para lograr limitar con precisión as competencias de cada unha delas, co fin de evitar duplicidades no gasto e na acción administrativa.

A situación en Galicia complícase polo anunciado adianto electoral. O despedimento de miles de traballadores públicos canda a previsíbel suba do IVE e recorte das prestacións por desemprego serán moi impopulares.

No PPdeG xa existen voces advertindo que o mal menor será celebrar as eleccións en primavera de 2013, alonxándoas o máis posíbel desta nova vaga de recortes. A suma de declaracións sobre novos recortes por parte dos ministros apuntan a que Rajoy tentará meter a texoira o máximo antes das vacacións de Agosto. A esperanza dos líderes conservadores é que na próxima primavera a situación económica mellore e Feijóo poda presentar uns mellores resultados aos electores típicos do PP, moi sensíbeis en principio aos despedimentos de traballadores públicos e a suba de impostos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

10 Bran

Por fin empezádevos a facer algo. Que pense que non sobran funcionarios e políticos é porque forma parte deses colectivos ou porque xamais vai á administración e comproba a súa desidia, corrupción e escaqueo xeneralizado

1 ...

Vai o hospital que che atenda unha praza amortizada e médico.

2 xOsse

Os profesionais da demagoxia tentarán identificar perda de funcionarios con perda de servicios. E non é así. Sobran os que non traballan... como en calquera empresa. Que tal se comezamos por despedir a tódlos inspectores... de facenda, que só perseguen aos que menos ten, de traballo, que so controlan a autónomes e pequenos empresarios, de medioambiente, que permiten que os nosos ríos se cubran de lixo todo o ano e algas tóxicas en verán,... Despedir a un funcionario ten que ser igual de doado que a calquera outro traballador... e o que non queira selo, pois ninguén o obriga. Que probe a ser empresario.

3 ...

"Os profesionais da demagoxia". Ou sexa,tí. Pois non dí o lumbreras de botar os inspectores de traballo.Claro,como en Uganda van tan ben.Que teñamos menos da metade que a media Europea,ou 5 veces menos que en Francia non ten que ver.

4 ...

de facenda.

5 non sei qué ten de malo

Pois a mín non me importaría que os inspectores de facenda fosen os que tomasen as decisións: http://www.tercerainformacion.es/sp...

6 xOsse

certo... naueles países non se defrauda o que aquí. Nin a milésima parte... igual ate me quedo curto.

7 xOsse

certo... naueles países non se defrauda o que aquí. Nin a milésima parte... igual ate me quedo curto.

8 ...

Demagoxia es tí.¿Xa fixeche-lo chascarrillo?¿Aplaudiron no bar?Seguimos tendo menos inspectores que Europa.

9 Bran

Fun o outro día ao hospital coa miña nai e tivemos que esperar unha hora porque a médica e a enferemera estaban na cafetaría xa que levaban dende as 8 no hospita, segundo elas(eran as 10:30 cando chegamos). Cando a pasaron a planta había de todo, un celador bonito, un médico deses que están simultáneamente na pública e a privada, que ás 13:30 xa se fora. Logo había enfermeiras que se molestaban e outras ás que chamabas polo timbre e non viñan. Ata que ía un, despois de esperar un anaco e encontrábaas falando das súas cousas, o fin de semana, etc, que te miraban con cara de noxo por pedirlles algo.

10 Bran2

llo un dya fuy a la eskuela piro no si mi quidó un karallu in la kachola.

9 anonimo

A xogada é mestra. A debeda pública do estado español é moito menor en relación o seu PIB que a do resto da maioría de estados da UE (ainda que sube alarmantemente por mor dos intereses da debeda privada da que tense que facer cargo o estado). O BCE que non empresta a estados, só a entes privados, acaba de baixar os tipos de interés o 0.75. Eses entes, que precisamente son os causantes do estado de ruina actual, acaban de comprar hoxe mesmo subasta de bonos do estado a un interés do 6.5. O estado obrigado pola UE, ou seña os mesmos mercados, e pola falla de presuposto a despedir funcionarios e privatizar os servizos públicos. E quén faise co pastel dos servizos públicos?

1 Calístenes

Com efeito. Tanto tem quem fora o culpado, vamos pagar os de sempre ...

8 xOsse

En dias como o de hoxe, no que choco coa ineptitude dos funcionarios unha e outra vez, MANIFESTO: que estou disposto a votar a calquera partido que inclúa no seu programa unha reconversión do sector funcionarial... A súa inoperancia é inadmisible!

1 Abraiado

De qué funcionarios falas? médicos, profesores, cientificos, administrativos, carteiros, militares ou policias?icos. E ti crees que a inoperancia no funcionariado ten solución botando ós traballadores? E precisamente os funcionarios que menos exencións, baixas e ausentismo teñen ó non ter asegurado o seu posto lei. Outro iletrado con Interné. Tampouco ningunha novidade.

2 xOsse

Ten solución botando aos ineficientes... pero moito me dá que botarán aos que menos "contactos" teñan. E claro, todo empeorará! A hora do café non é absentismo claro. Fas a compra, visitas aos amigos, das un paseo tomas un café antes e outro despois,... mecagoendios... así calquera vai traballar!

3 a abraiado

Xosse é un ignorante falabarato,sen máis.

4 ...

Xa se ve na xustiza cómo vai todo sen plantilla suficiente,xa que ahí non existe traballo privado,nin siquera en EEUU.A carga de traballo é superior á legal(ás veces o doble)e, polo tanto, así se disparan os plazos...anos e anos.

5 Abraiado

Mira xOsse, a principios de ano habia uns 268.000 funcionarios no estado español. Dos cales 1.100.000 estaban na sanidade e o ensino e 300.000 nas diferentes forzas chamadas de seguridade do estado. Uns 6.5 por cada 100 habitantes, mais ou menos coma Alemaña ou Italia. Pero moito menos que Reino Unido e Francia (10.6) e moitisimos menos que Holanda ou Dinamarca (arredor de 20) e xa non falemos das economías nórdicas as que según ti vailles tan mal por ter exceso de funcionariado Suecia (22) Finlandia (26).

6 ???

A ver si a XOsse le toca un médico "inepto"...

7 Abraiado

Perdón 2.680.000 funcionarios.

8 ...

Abraiado, de feito o de Alemaña é falso por comparación, pois os médicos non teñen a consideración legal de funcionarios (ou estatutarios) aínda que o sexan na práctica, e nesa conta do porcentaxe non entran. Hai que sumar ó redor dun 30% de desviación nas súas cifras.

9 Abraiado

Totalmente certo, de feito senon fora polo programa Hertz IV cuios receptores non son considerados desempregados Alemaña tería mais dun 15% de paro. As grandes economías coma a alemaña ou a ianquí son expertas en maquilar datos, que redunden en bós datos macro económicos.

10 maría lois

Como poden cidadáns normais que dependen duns bos servizos públicos para vivir mellor aceptar que se supriman funcionarios para pagar os buratos dos banqueiros? Unha alucina!

11 anonimo

Non só en bós servizos públicos, maria lois, se cadra o mais importante. Tamén no factor harmonizador e potenciador do resto da economía.

12 sacado doutro foro

La media nacional es de 56,6 empleados públicos por cada 1000 habitantes. De esos 56,6: - 5 médicos por cada 1000 habitantes en España (datos de 2011) - 5 enfermeros/as por cada 1000 hab (datos OCDE 2011) - 3 policías/guardias civiles por cada 1000 habitantes (excluidos policías locales y autonómicos) - 0.1 jueces por cada 1000 hab (estos sí que son pocos) - 0.05 inspectores de hacienda por cada 1000 hab (estos también deberían ser más...) - 2 profesores de universidad por cada 1000 hab. - 15 profesores de enseñanzas no universitarias por cada 1000 hab. - 0.4 bomberos por cada 1000 hab. - 2 políticos por cada 1000 hab. - 3.5 militares por cada 1000 hab. - ????? 1 inspector de trabajo por cada 23.300 trabajadores ocupados, siendo 1 por cada 12.000 la media de la Unión Europea

13 anonimo

Pois si que fuches a un bó sitio, a OCDE. Repasa esos datos 3 policias/guardias civiles por cada mil habitantes?????? menos que militares según ti.

14 non sei qué ten de malo

non te confundirias coa ceoe? :p Segundo o Ministerio do Interior hai 73.000 policías nacionais, y 85.000 gardas civís.Sáeme un 0,34%.Un 3,4 por mil.

15 non sei qué ten de malo

en canto ao persoal activo do exército agora mesmo hai 179.000.Sí,hai menos militares, a non ser que sumes os 65.000 policías municipais(que o que puxo os datos xa o avisa).

16 non sei qué ten de malo

menos que militares,perdón.

17 anonimo

A OCDE é un orgaismo bastante paarcial e pouco fiable. No nº de policias non contas nin as policias autonómicas, nin forais, nin municipais.

18 non sei qué ten de malo

Non son datos meus,pero o tipo di"excluidos policías locales y autonómicos".Esos son 65.000 segundo Interior.Excluindo estos,saéme 0,34%.Máis ou menos o que dí.

19 xOsse

sobran funcionarios e, sobre todo, sobranlle privilexios. Si producisen o que se lle esixe a un traballador nunha empresa, coa metade abondaba. Digo si, dende a miña ignorancia e dende a raiba de ter que soportar a súa ineptitude cada día. Por certo, a miña experiencia dime que, os que máis defenden a función pública, son sempre os traballadores máis perezosos, os mesmos que lle colgan a etiqueta ao resto, unha maioría.

20 Walton

Claro que sobran empregados públicos. O Frijoles e case toda a chusma que o rodea, así como boa parte dos altos cargos da Administración autonómica non foron outra cousa na súa vida. E o mesmo podemos dicir de moitos dos mandamases do Partido Podre. Eses son os que sobran. A ver se desaparecen pronto.

21 :)))

Non te esforces xOsse, aquí non te escoitan pois non lles convén. Hai moito funcionario enchufado de Baltar en Ourense, como hai moito colocado polo Bao e polo Besteiro na deputación bipartito situada máis ao Norte, hai tamén moito funcionario de aparato, de partido, de sindicato, de oenege, de clube deportivo... Todos eles defenden a súa caste. Non entenden que os demais temos que soportar a tanto funcionario e parafuncionario, parásitos moitos deles que non pasan un control de produtividade, con persoas máis capacitadas no paro (por idade inferior non chegaron ao reparto ou por non ter enchufe). A inspeccións é de risa, unha farsa, e as sancións ridículas. Verdade unha: O capital aproveita a crise para quitar beneficios aos traballadores e acumular máis nuns poucos. Verdade dúas: Os tempos mudan, os parásitos agárranse ao que teñen. Moi triste os que só ven por un ollo, o traseiro!

22 xOsse

Escoitan, escoitan... ou mellor, len. É o que fan no seu posto de traballo (a estas horas da noite a intensidade do debate baixa en calquera foro): ler xornais, participar en foros e defender as bondades da súa profesión. Entre tanto, en fronte, estamos os paisanos crendo que están traballando. Adícanse a crear opinión a prol dos seus partidos e sindicatos. Non é casual ver a tantos funcionarios co nariz metido na política ou no sindicalismo. O seu tempo de traballo adícano as formacións as que pertencen agardando a súa recompensa. Poucos autónomos verás nunha lista nunhas eleccións, non ten tempo, ao a traballadores da industria, da construcción ou da agricultura. Non ten tempo. Pero eles si. Sempre. Todo.

23 a XOsse

Falabarato. E ignorancia supina.

24 ...

A miña irmá fai gardas de 36 horas en sanidade e descansa 1 día entre dúas. Tí tomas máis cafés que ela en ese tempo con menos responsabilidade sobre a vida da xente. Vai rañala.Vago.

25 non sei qué ten de malo

de pronto apareceu unha conversa entre varios a darse a razón en menos dunha hora...Dende a mañá que empezou o seu discurso falaz non sucedera.Curioso...

26 xOsse

lóxico... a mañá solo participan funcionarios :) non ??? Por certo estar no centro de traballo as horas que dis e traballar son cousas diferentes... Iso é algo que un funcionario nunca entenderá. Eu tampouco... como se pode pagar nin reglar días libres a esgalla: unha semana por dúas noites, por exemplo. Pero como vivo nun pais na que os ignorantes suman carreiras e masters a pares e os listos... os listos son funcionarios, si. Claro. Iso explicao!

27 ...

os funcionarios traballan de mañá(algúns de tarde) e as súas 8h, e o internet teñeno capado.Tí falas de oídas e non les o que poñen outros para facer chistiños.Vai a Chuza a ver si aínda che aturan.

28 ...

A miña irmá salvou vidas.Traballa máis que ti sen eu saber en qué traballas.Pero iso non o entenderá un que fala de oídas.

29 xOsse

teralo ti... pero coide que tampouco. Eu falo polo que os sufro... e coma min cinco millons de parados, e máis xubilados e a meirande parte dos traballadores. Todos os sufrimos.

30 ...

Ti non sufres nada.Tí falas en plan bar sin saber de qué vai ó conto.A próxima vez que caias nun hospital lembra que esa xente leva día e medio sen durmir por "vagos", según tí.E non teñas coidado, que non andan en internet.

31 xOsse

pero tu que te cres... a estas horas das noite, co esperto que estou, pretendes convencerme que unha boa parte dos funcionarios deste país non son uns lacazáns (e que me perdoen o que fan o traballo deles)? Non me convences nin a min nin a ninguén. Mañá pola mañá entraremos calquera de nós nunha administración e, unha vez máis, coma sempre, corraboraredelo. E en internet andan oh! Dende o PC do seu posto no traballo (olla que cachada, comentario de "xavier": http://www.moendo.net/2012/02/04/os..., dende os seus smarphones, ou dende os bares, onde pasan boa parte da súa xornada laboral.

32 ...

Non se trata de convencer, caste de politicucho de bar. Tratase de coñecer. E tí non coñeces de qué vai.Seguro que polis que morreron en Riazor sobraban,ou os traballadores que morren no incendios...Teño antigos compañeiros de funcionarios de prisións.Traballan 3 días internos en cárceres masificadas ó 160% co risco de calquera "pinchazo".A miña irmá mesmo,mentres estivo no Canalejo tivo que pedir axuda os Gardas civís en calquera noite de gardia.e para ir a Penamoa hai que ir con eles en cada domicilio.¿Tí de qué vas, aburguesado?

33 xOsse

Ti si que falas sin saber... tudo ignorancia. É o que ten ser funcionario, reclueste e non coñeces o mundo ao que pertences. Existe mundo fora da función pública e non facedes máis que demostrar o voso descoñecemento sobre o mesmo. E por riba sodes os responsables de prestarlle servizo... E deixa de falar de terceiros e por exemplo puntuais. Todos Sabemos que moitos funcionarios fan o seu traballo e o dos seus compañeiros vagos!

34 ...

Non son funcionario,lerchán.Éo a miña irmá.Exemplo práctico e palpable.O teu é de opinador de tasca.E sen dicir qué portentoso é o teu emprego,seguramente necesario e productivo, co risco para a túa integridade física.Ponte outro ribeiro.

7 DigoEu

O máis triste de todo é que nunha ocasión ideal ou case ideal para botar a dereita do goberno galego resulta que se vai ir ás eleccións máis divididos ca nunca, cando é imperdoable que a esquerda, e incluso a pseudoesquerda do PSOE, e o nacionalismo non formen candidatura conxunta, coalición, para non perder un só voto en favor do PP. E iso non se vai facer simplemente porque NON LLES DÁ A GANA. Non porque non se poida senón porque non hai vontade de facelo.

1 xOsse

é o que ten o nacionalismo... non é racional senón romántico. As emocións son a súa principal bagaxe e ningún renuncia a súa propia. Chámase orgullo.

2 nacionalista materialista

Preguntome cantas paridas é capaz de botar o tal xOsse.

3 xOsse

a iso non sei responder nin eu... pero deberías repasar a historia do pensamento xa que, polo visto, sabes ler

4 nacionalista materialista

E ti quedacheste na historia, en Lord Byron e o romanticismo nacionalista, que pouco ten que ver co nacionalismo actual.

6 Black Crow

Por el carajo arriba vamos a echar trabajadores antes de las eleccciones. Si el anterior gobierno frentista palmó por 7000 votos, a nosotros no nos va a pasar lo mismo. Y no solo eso, sino que os garantizo por escrito, y Alberto lo incluirá en el programa electoral, que si ganamos las elecciones prometemos que no eliminaremos ni un solo empleo público y que no implantaremos el copago de medicamentos.

1 E.T.

Semella que no teu planeta perdido ainda non chegou a nova do copago implantada o Domingo, o día do furbó.