Botar traballadores públicos en precampaña?

No PPdeG medran as voces contra o adianto electoral a Outono ante a inminente nova onda de recortes.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 05/07/2012 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

A reforma da administración, coa que o Goberno pretende aforrar uns 80.000 millóns de euros durante esta lexislatura, prevé o despedimento de polo menos 100.000 traballadores públicos, segundo fontes do Executivo de Mariano Rajoy citadas por varios medios estatais. Outras fontes do PP aumentan esta cifra ata as case 300.000.

Os despedimentos, en todo caso, non afectarán aos funcionarios. O recorte centrarase no equipo de contratados laborais, traballadores interinos e eventuais, un colectivo que ascende a 877.459 persoas, o 39% do total dos 2.530.956 empregados públicos de España, segundo os datos de xuño do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

O problema ao que se enfronta o Executivo é que a maioría destas sociedades nas que hai persoal laboral e non funcionarios pertencen ás comunidades autónomas, concellos, deputacións e mancomunidades de municipios. E o Goberno non pode impoñerlles de xeito directo que despidan persoal, aínda que si lle fará unha recomendación formal a través dunha resolución do Consello de Ministros. A Moncloa considera clave que exista diálogo e cooperación entre os tres niveis da administración pública para lograr limitar con precisión as competencias de cada unha delas, co fin de evitar duplicidades no gasto e na acción administrativa.

A situación en Galicia complícase polo anunciado adianto electoral. O despedimento de miles de traballadores públicos canda a previsíbel suba do IVE e recorte das prestacións por desemprego serán moi impopulares.

No PPdeG xa existen voces advertindo que o mal menor será celebrar as eleccións en primavera de 2013, alonxándoas o máis posíbel desta nova vaga de recortes. A suma de declaracións sobre novos recortes por parte dos ministros apuntan a que Rajoy tentará meter a texoira o máximo antes das vacacións de Agosto. A esperanza dos líderes conservadores é que na próxima primavera a situación económica mellore e Feijóo poda presentar uns mellores resultados aos electores típicos do PP, moi sensíbeis en principio aos despedimentos de traballadores públicos e a suba de impostos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

5 FSNF

Hai que botalos. Hai que concentrar o voto nas opción con garantía de acadar o 5% en todas as circunscrpcións. Non se lle pode regalar nen un só voto a esta dereita etnocida.

1 Hai que reforzalos

O que hai é que recuperar o galeguismo cordial da época de Fraga, como ben dixo o fillo de Cuíña. http://www.abc.es/hemeroteca/histor...

4 Luís

Como quedou o EGM?

3 Xoelho

Na man da xente normal está que deixe de haber recortes criminais como os que estamos a ter e como os que aínda imos ter: basta con que a xente aprenda a votar, que vote coa cabeza e non co cu, que non se deixe manipular, que pense e razoe, ou sexa, que non faga como ata agora, porque temos os gobernos que votamos.

1 Anxo_Gz

Non é certo o que dis, a culpa sempre vai para quen exerce o seu dereito ao voto, e a culpa non é de quen vai votar senón de preto do 60% de persoas que non votan por que din non estar interesadas na política pero logo cando lles recortan o salario, a sanidade, a educación, os dereitos laborais andan laiándose, do que vota a xente. A culpa é de quen é, e a culpa e de quen no exerce o seu dereito ao voto, e deixa que outros decidan por él, ao igual que nun rexime dictatorial.

2 Xoelho

É totalmente certo, non lhe deas máis voltas, Anxo. Os que non queren votar, os que se abstenhen, dálhes igual, non se pronuncian. Os que contan son os que votan, e xa sabemos como votan os galegos. Mentres non aprendamos... temos o que temos.

2 Lector

De verdade cree o xornalista que os pepeiros esperan que a situación millore en primaveira?. De novo a prima de risco superando en moito os cinco centos puntos, intereses de debeda preto do 7%, estamos xa case en default. Todalas medidas de contención de gasto abondan na recesión económica coma se a un doente de anorexico se lle pautara unha deta adelgazante. Estos fuxen cara a diante, alianse coa burguesía no feroz ataque contra as clases traballadoras, na espera de que logo lles toque un posto no consello de administración ou na dirección das suas empresas.

1 Lector

Por moi aborregada que esté a sociedade e moito fútbol que lle metan, pronto os mineiros non estarán sós loitando nas rúas. Estaremos a maioria.

1 Xanti

Se é por recortes son bastante parvos, vai haber mais...

1 Claro

E aí entran os que queren ser a CiU galega

2 Xanti

Aí comentou un Hominidus Upegallus do Carallus, o probe está a piques de extinguirse...