Por E.P. | A CORUÑA | 12/11/2019 | Actualizada ás 18:23
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apelou á formación como "clave" para abrir novas oportunidades de negocio e dinamizar o rural galego.
Fíxoo durante a asistencia en Abegondo ao comezo dun taller dual de emprego 'Reserva da biosfera: emprego no rural',promovido por este concello, xunto cos de Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.
Na súa intervención, Conde destacou tamén a iniciativa posta en marcha con este taller, que chega xa á súa terceira edición dentro desta proposta.
Mediante o mesmo, durante os próximos 9 meses, un total de 20 alumnos recibirán formación teórico-práctica nas especialidades de fruticultura e actividades auxiliar de viveiros, xardíns e centros de xardinaría, ademásde prestar diferentes servizos nos municipios implicados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.