Galicia rexistra máis de 50 raios nunha xornada con temperaturas baixo cero no interior

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2019 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou polo momento 50 raios e tamén sarabia nunha xornada na que os termómetros marcaron a mínima en Pedrafita do Cebreiro, ao alcanzar os 2 graos baixo cero.
Na cabeza de Manzaneda (Ourense) chegaron a 1,5 graos baixo cero e tamén en Lugo, en Baleira (-0,3 graos) e O Courel (-0,2 graos) os termómetros tamén baixaron de cero.

Segundo a información de Meteogalicia, ademais, despois do paso da fronte fría durante a noite, a comunidade queda nunha zona de chuvascos acompañados de máis raios e sarabia.
A cota de neve está situada ao redor dos 800-900 metros e a previsión é que o vento vaia en aumento e que alcance refachos moi fortes no litoral. Así, haberá moi malo mar.

Cámara de Meteogalicia en Illas Cíes. METEOGALICIA
Cámara de Meteogalicia en Illas Cíes. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta