Feijóo: "prodúceme urticaria que o señor Otegi fale en nome dos galegos "

Critica duramente ao BNG por pactar cun partido que quere introducir na axenda galega a autodeterminación. Descarta agora unha coalición electoral con Cs para as eleccións galegas, tras o seu batacazo o 10N, e di que este partido "cabe no PP". Está convencido que os que o 10N votaron a Vox volverán votar polo PP en Galicia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/11/2019 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

As palabras do coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, condicionando un voto afirmativo a Podemos e o PSOE ás "axendas catalana, vasca e galega" están dando moito que falar. Tanto, que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que lle provocaban "urticaria".

O coordinador de EH Bildu, Arnaldo Otegi, valora en San Sebastián o preacordo PSOE-Unidas Podemos
O coordinador de EH Bildu, Arnaldo Otegi, valora en San Sebastián o preacordo PSOE-Unidas Podemos

O líder dos populares galegos referiuse ás palabras de Otegi onte nas que dixo que a postura da coalición soberanista vasca respecto dun Goberno de PSOE e Unidas Podemos dependerá de cal sexa a súa "receita" para vascos, cataláns e galegos, a posición que teñan sobre o dereito a decidir e os presos.

"Que o señor Otegi fale en nome dos galegos, como diría un antigo alcalde galego, prodúceme urticaria. É algo que a inmensa maioría dos galegos non podemos aceptar, nin nos pode deixar indiferentes", dixo ao tempo que aclarou que "non o representa" nin a el nin aos galegos.

 

"Pero o importante non é quedar no que se di. A min o que me preocupa é ler o que se asina. E Otegi, xunto co BNG, e o partido de Torra, e ERC e independentistas de Baleares e nacionalistas de Valencia firmaron unha declaración moi clara esixindo o dereito de autodeterminación e iso é o que máis me preocupa do BNG, que é socio do PSOE en todas as institucións onde o PP non sacou maioría absoluta", engadiu.

Santiago Abascal, presidente de VOX  nun mitin de Vox en Vigo
Santiago Abascal, presidente de VOX nun mitin de Vox en Vigo | Fonte: EP

 

Feijóo referiuse á 'Declaración da Llotja de Mar', un pacto entre forzas soberanistas de todo o estado no que se avoga pola liberdade dos presos políticos cataláns e o dereito á autodeterminación. De feito, a esta mesma declaración tamén aludiu Otegi este mércores ao suliñar que a súa intención é articular "unha posición conxunta" que aínda "non está pechada", entre as forzas que obtiveron representación no Congreso asinantes deste pacto.

 

CIUDADANOS

 

Por outra banda, Feijóo descartou unha coalición en Galicia con Ciudadanos de cara ás eleccións galegas do vindeiro ano, a pesar de que hai unhas semanas era partidario de que PP, Cs e Vox foran xuntos na coalición "España Suma". "Vería vostede agora posible unha coalición que fora Galicia Suma e que integrara a PP e Ciudadanos?", preguntoulle GC na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. A súa resposta foi ben elocuente. 

"Imos ver que pasa con Ciudadanos nos vindeiros meses. Non sabemos como vai evolucionar este partido pero eu penso que Ciudadanos cabe, perfectamente, no PP, e penso que moitos militantes se dan de conta que a estratexia do PSOE de desunir a centrodereita acredita que agora sexa a lista máis votada", suliñou en alusión ao gran batacazo electoral da formación de Albert Rivera que quedou só con dez deputados no Congreso.

 

"Só sumando os votos de PP e Ciudadanos en España, hoxe o PP sería o gañador das eleccións. Só con iso. Por iso a estratexia da división do centrodereita en España foi a estratexia de campaña do PSOE desde o primeiro momento ata o fin. E o que conseguiu foi desfacer ciudadanos e consolidar ao PP como o partido do centrodereita en España e que o PSOE sexa a forza máis votada", concluíu.

 

VITORIA EN GALICIA

 

De feito, o presidente da Xunta amosouse convencido de que o seu partido volverá a ter unha "maioría ampla" nas eleccións galegas do vindeiro ano, pese aos resultados das xerais nas que, aínda que foi a forza máis votada en Galicia, quedaría moi lonxe de revalidar a maioría absoluta con ese resultado.

 

"Hai 180.000 votantes, 14 puntos, que noutras eleccións votaron ao PP e que neste momento se dividiron", dixo Feijóo sobre os comicios do pasado domingo. "A nosa proposta é seguir unindo aqueles que non queren que Otegi nos diga o que temos que facer", engadiu. "E nós, sabendo que a división do voto nos prexudica, sabemos que temos moitas posibilidades de volver a ter unha maioría suficiente para acadar estabilidade política en Galicia", dixo nunha chamada ao voto útil dos votantes de Vox e Cs a concentrar o seu voto no PP:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Bernal Calvo Delaciga

A dereita españolista impón sempre desde os seus púlpitos esa falsa superioridade moral pola cal relacionarse con Bildu é malo, pero facelo con Vox, non.

1 Viriatus

Será porque los de Vox no mataron a nadie. En cambio los de Bildu asesinaron a centenares de personas, hirieron a miles, y extorsionario u obligaron a exiliarse del País Vasco a decenas de miles. Empezando por el propio Otegui que fue un terrorista. ¿O es que eso no sale en Sermos Paliza?

2 Beria

Bildu é unha coalición de catro partidos legais que renunciaron publicamente á violencia. Vox é unha banda de pijonazis herdeiros do franquismo, un réxime que asasinou e exiliou a millóns de persoas, e centos de miles foron encarceradas, torturadas e violadas. Todo o estado foi sometido á fame e á ignorancia. E moitas persoas aínda teñen os seus familiares en cunetas. Ou é que iso non sae en OKdiario ou en Libertad Digital? Eh, fascistilla?

3 Viriatus

Beria, tienes el nombre de uno de los mayores sicarios asesinos y genocidas de la historia de la Humanidad, el jefe de la NKVD, la policía secreta de Stalin lo cual ya dice mucho de tí. Si nos ponemos a recordar a los antecesores de Bildu, son los comunistas que asesinaron, violaron, torturaron a cientos de millones de personas, y que en cualquier país civilizado están proscritos por la ley por pura autodefensa democrática. Por cierto, todavía no hicimos un Nuremberg del comunismo. ¿Lo hacemos?

4 Beria

Non se pode "facer un Nüremberg" con feitos inventados. Todos os nazicapitalistas do mundo quedariades en ridículo ao se desmontaren as vosas trolas goebbelianas sobre o marxismo e a historia do movemento obreiro. Sabes que hai librerías que, con moi bo criterio, venden o libelo do teu ídolo Fede Jiménez Losnazis sobre o comunismo na sección de ficción? Pois iso, esbirro.

4 Gamela

A urticaria vainos sair a tódolos galegos se o BNG (UPG) non é quen de votar a prol do "goberno progresista" do carallo ! A urticaria vai vir coma peste VOX nas vindeiras autonómicas 2020! Ou pensa o BNG que os 119.000 votos eran todos para declarar a "independencia" coas CUP - ERC - Bildu ? E serán capaces de votar en contra? UPG Disolución!

3 Fartodobloque

E Caballero, qué dí?

2 Cabo Prior

A vergoña é que o presidente das galegas e galegos non leve falado en nome deles en todos seus mandatos senón oara axeonllase ao centralismo madrileño. Gosta máis de que sexa Abascal quen fale no noso nome

1 Sentidiño

Prodúceme urticaria que o PP goberne Masrid e Andalucía en coalición cos fascistas.