Rescatan vivas cinco vacas que caeron a un pozo de xurro en Santa Comba

Outras dúas morreron.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2019 | Actualizada ás 09:42

Comparte esta noticia

Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do municipio de Santa Comba (A Coruña) recuperaron con vida a cinco das sete vacas que caeron a pasada tarde a un pozo de xurro ao romper a viga do seu peche.

Segundo informou o 112 Galicia, o incidente sucedeu no lugar do Ribeiro, na parroquia de Mallón, sobre as 19,10 horas deste xoves.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido e os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Santa Comba, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Rescatan a varias vacas
Rescatan a varias vacas | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta