20 proxectos participarán na cuarta edición da aceleradora da automoción

Entre os seleccionados hai tres internacionais, un de Alemaña, outro de Israel e outro de Holanda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2019 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O Comité executivo da Business Factory Auto (BfAuto) seleccionou 20 proxectos empresariais para participar na cuarta edición da aceleradora, que comezará o 9 de decembro. Os traballos empregan os diferentes avances dixitais e van desde un sistema de prevención de accidentes, ata a creación de manuais interactivos de realidade virtual.

Esta edición é a maior en número de participantes, con 104 proxectos presentados de 20 países diferentes. Entre os seleccionados hai tres internacionais, un de Alemaña, outro de Israel e outro de Holanda.

A BFAuto --na que cooperan a Xunta, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Groupe PSA e Ceaga-- "permitiu crear un total de 35 empresas e máis de 250 empregos", segundo informou o Goberno galego nun comunicado. Indica, ademais, que os traballos seleccionados responden os "retos tecnolóxicos" propostos polo sector galego da automoción.

A BFAuto enmárcase dentro da plataforma StarIN Galicia, na que se agrupan todas as aceleradoras apoiadas pola Xunta e que permitiu "impulsar máis de 1.000 proxectos emprendedores en toda a Comunidade" no últimos cinco anos.

Encuentro del PSA en el Centro Tecnológico de Automoción de Galicia
Encuentro del PSA en el Centro Tecnológico de Automoción de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta