Cinco compañías de teatro galegas gañan os premios 'Xuventude Crea 2019'

Entre todas as modalidades, a participación deste ano alcanzou as 381 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2019 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Cinco compañías teatrais de diferentes cidades de Galicia foron galardoadas pola Consellería de Política Social na modalidade de teatro do programa 'Xuventude Crea 2019'.

A compañía pontevedresa Gacela Teatro levou o primeiro posto; seguida de Farándula Velutina, de Concurbión e Solo Teatro, de Ourense --compartiron segundo posto--; en terceiro lugar quedaron A Barata, de Santiago, e Faísca Teatro, de Vigo.

O programa 'Xuventude Crea' nace, segundo o departamento dirixido por Fabiola García, coa finalidade de "pór en valor" o talento e creatividade da xente nova e "estimular o enxeño e imaxinación da mocidade" con premios en metálico que alcanzan os 5.500 euros en total.

Ademais da creatividade teatral, o programa premia o talento en 12 especialidades máis como son as artes plásticas, o cómic, a cociña, a fotografía, o grafiti, a música, a poesía, o relato breve, a danza moderna, a videocreación, o deseño de xoias e a moda. Entre todas as modalidades, a participación deste ano alcanzou as 381 persoas.

Entrega de premios do programa Xuventude Crea. XUNTA
Entrega de premios do programa Xuventude Crea. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta