O BNG terá un primeiro contacto este luns con Lastra de cara á investidura

Néstor Rego porá enriba da mesa a "axenda galega", para a que espera "receptividade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O deputado electo do BNG, Néstor Rego, reunirase este luns no Congreso coa vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, para manter o que será "o primeiro contacto" entre ambas as forzas de cara á investidura do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez.

En concreto, segundo informan a Europa Press fontes do Bloque, Rego verase coa dirixente socialista ao redor das 12,00 horas na Cámara Baixa e porá encima da mesa a "axenda galega", para a que espera "receptividade".

E é que, tal e como indicou este sábado a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, Sánchez "faría moi mal en facerlle caso aos que din" que teñen o seu voto asegurado para a investidura.

Nunha semana na que medios de comunicación e forzas políticas barallaron as posibilidades que existen de que o acordo de Pedro Sánchez e Pablo Iglesias saia adiante, Pontón subliñou que o BNG non porá "liñas vermellas", pero tampouco votará a favor dunha investidura "por cheques en branco".

As principais condicións do Bloque pasan pola "receptividade da axenda galega" en Madrid, "a defensa da democracia, dereitos e liberdades" e o "marco da plurinacionalidade", indicou a líder frontista. O seu "enfoque ten altura de miras" e a postura final "será resultado das negociacións" que de desenvolverán esta semana.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Consello Nacional do partido. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Consello Nacional do partido. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Opa Canido

Pedirán o AVE ata Ferrol, como facía Pacorro con Solbes para apoiar os orzamentos

1 Opa Chatarras

Pedirán o AVE a Burgos como facía Procesiones

1 Gamela

nótase ben que somos "galegos" (?) e faríamos ben en "negociar coma calquera" o problema é outro ben distinto e chámase UPG (que evidentemente non representa, sendo moi xeneroso, máis que ao 10% dos 119.000 votantes do BNG) ?

1 Limico

Filliñoo, tes unha autentica fobia ao BNG. Aos que votamos Bloque, non nos importa para nada a túa opinión. Recapacita, porque te estas facendo un dano patolóxico a ti mesmo.

2 Gamela

se o dano é a min mesmo, pouco importa! Pero se volvemos a meter a Galicia nas mans dun PP radicalizado vía Vox que deberamos facer co BNG (darlle unha medalla por achantar por enésima vez ante Paco Rodriguez e Cia?) Ainos que xogan con lume...!!!

3 Plasta home

Que pesao tio